IMPORTANTE VITORIA DO FISOBER FSF NO CARBALLIÑO NUN ENCONTRO DE VÉRTIGO, (3-4).

 18ª Xornada

Ñ 3-4

Ñ: Paula, Noelia, Alba, Letizia, Almudena; tamén: Ainara, Sabela, María, Sara, Ainhoa.

 : Sharay, Paula, Ana, Kenny, Saray Duarte; tamén: Carla Lago, Sabela, Carla Beiro, Lara.

 ÁRBITROS: José Ramón Estévez González, José Manuel Fernández Guillama.

 GOLES: 0-1 min.2 Kenny, 0-2 min.10 Paula, 1-2 min.12; 2-2 min.24, 3-2 min.28, 3-3 min.29 Carla Beiro, 3-4 min.30 Saray Duarte.

CRÓNICA

Partido disputado na tarde do sábado na pista central do Pavillón de Deportes Paco Chao do Carballiño, a onde o Fisober chegaba consciente do importante que sería conseguir a primeira vitoria a domicilio da temporada na pista dun rival directo, ao que ademáis deixarían moi tocado de producirse.

Saían moi concentradas as costeiras e froito dese bo inicio chegaba pronto o primeiro gol da tarde, doblando diferencia mediada a primeira metade para dar algo de tranquilidade, ainda que duraba pouco ante un conxunto local que se vía obrigado a adiantar liñas para recurtar diferencias. A pesar de chegar con vantaxe ao descanso, as visitantes dispoñían de numerosas ocasións que non foron capaces de aproveitar, polo que se chegaba con vitoria pola mínima ao tempo de lecer.

Á volta de vestiarios saían moito mellor as locais, que lograban o empate e mesmo poñerse por diante no marcador. Por sorte para o Fisober, quedaba tempo por diante para dar de novo a volta no marcador, e o 3-2 supuxo un impulso para as costeiras, que empataban prácticamente ao instante, e pouco tempo despois conseguían materializar o 3-4 que remataría sendo definitivo, firmando o primeiro triunfo a domicilio e chegando ata os 21 puntos que as sitúan nunha cómoda 10ª praza na clasificación para afrontar con relativa tranquilidade este parón de Carnaval.

19ª Xornada

A vindeira fin de semana haberá parón polo Entruido polo que a vindeira xornada para as fisoberistas será o 22 de febreiro, cando recibirán a visita do filial do ED Poio Pescamar.

.

-Foto e texto : Prensa Fisober FSF