PREFERENTE FUTGAL MASCULINA
FISOBER FSF 6-5 HÉRCULES FS
FISOBER: Brais, Juan Emilio, Iván, Pablo Costa, Carlos. Tamén xogaron : Vicente, Adri, Edgar, Cuki, Iago, Suso, Mario Areas.
HÉRCULES: Fernando, Dani, Óscar, Álex, Sergio. Tamén xogaron : Antón, Fran, Sashia,Alan.
ÁRBITROS: Jose Juncal, Jordan Rosales, Valeria Echevarria.
GOLES: 0-1 min 1 Alan, 0-2 min 9 Alan, 1-2 min 10 Iván, 1-3 min 11 Fran, 2-3 min 13 Carlos, 3-3 min 16 Cuki, 4-3 min 19 Carlos, 4-4 min 21 Dani, 5-4 min 32 Iago, 5-5 min 33 Fran, 6-5 min 37 Juan Emilio.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 19 xornada de liga disputado na mañá do domingo nas ID de O Conco en Dumbría.
CRÓNICA
Importante triunfo do Fisober que lle permite saír momentáneamente dos postos de descenso. Comezou moi frío e desordeao do conxunto local, e froito diso Alan adiantaba ós herculinos ós quince segundos. De novo Alan no minuto nove facía o segundo visitante, a pesares de que Iván recurtaba distancia, de novo Fran facía o un a tres.
Pero co un a tres e despois de varias boas intervención de Brais, comezou a chegar o Fisober que lle deu a volta o electrónico antes do tempo de lecer con goles de Carlos, Cuki e novamente Carlos, chegándose co catro a tres o tempo de lecer.
A volta de vestiarios igulaba Dani, de novo un gol en contra case de saída. Seguiu o Fisober no desorde nesta segunda metade. Pero chegaron uns últimos minutos tolos, cun Fisober arroupado nas boas intervencións de Brais. Iago adiantaba ó Fisober, Fran igualaba e Juan Emilio marcaba para o seis a cinco. Tocoulle sufrir os costeiros co xogo de cinco visitante, pero deron logrado un importante triunfo de cara a buscar a salvación.
A vindeira semana toca visitar ó Alto do Vento.
-Fotos e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober FSF