IMPORTANTE VITORIA CON ADICATORIA DO FISOBER FSF NA 25ª XDA DA PREFERENTE FUTGAL FEMININO.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA

Vitoria adicada o fillo de Fran “Pioto”, (esq), e sobriño de Barca Toba que o ten en mans.

FISOBER FSF 3-1 RIBEIRA FS

FISOBER: Sharay, Patri, Paula, Barca, Sabela. Tamén xogaron : Ana, María, Andrea, Saray.

RIBEIRA: Violeta, Carmen, María Helena, Cecilia, Aldara. Tamén xogaron : Ainara, Antía, Noa, Carla.

ÁRBITROS: Javier Fernández Valledor, Candela Caamaño Platas.

GOLES: 1-0 min.13 Paula; 2-0 min.37 María, 3-0 min.38 Ana, 3-1 min.38.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 25ª xornada da Primeira Futgal Feminina disputado na tarde do sábado 5 de Abril nas IDM O Conco de Dumbría.

CRÓNICA

Bo partido o que xogaron as costeiras ante un rival sempre complicado, e nunha situación na que ambos conxuntos chegaban en postos correlativos na clasificación, con posibilidade de quedar moi cerca, aínda que o triunfo do Fisober fai que deixen ás lucenses a 9 puntos pero con 2 partidos menos para as visitantes.

Desfacía a igualada inicial Paula cunha gran xogada individual e posterior zurdazo pola escadra, e con ese 1-0 chegábase ó tempo de lecer. A volta de vestiarios, e con igualdade e ocasións para ambas partes, mantíñase a mínima diferencia prácticamente durante toda a segunda metade, ata uns tres últimos minutos tolos nos que chegaban dous novos goles do Fisober, un por mediación de María que convertía tamén desde fora da área un balón rexeitado do poste, e outro por parte de Ana que remataba unha asistencia tras xogada de Patri no que parecía a sentencia definitiva, aínda que o definitivo 3-1 do Ribeira parecía darlle algo de emoción ós últimos dous minutos de partido.

A vindeira xornada toca visitar a capital para enfrontarse á SD A Gaiola.

-Foto e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies