IMPORTANTE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO SD AMEIXENDA O DÍA 4 DE XULLO CON APERTURA DE PRAZO PARA PRESIDENCIA.

 

O SD Ameixenda que milita na 3ª da costa levará a cabo a sua Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios o vindeiro día 4 de Xullo na que ademáis de facer balance deportivo abrirase o prazo para unha nova diretiva. A diretiva actual non deixa o clube pero cúmplense os 4 anos de mandato e por lei abrirán o prazo a presentación de todo aquel que queira dirixir o clube. Logo dependendo dos candidatos que se presenten levaraase a cabo a elección.

Así nolo contan dende o clube :

Ao cumprirse catro anos dende as últimas eleccións, a Soc. Dep.
Ameixenda inicia o proceso electoral regulamentario. O vindeiro
sábado 4 de xullo ás 20.30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00
horas en segunda, celebrarase na Casa da Cultura de Ameixenda
unha Asemblea Xeral Extraordinaria na que se iniciará, oficialmente
o proceso electoral citado anteriormente.

Na Casa da Cultura quedarán expostas as bases e condicións para
poder presentar a candidatura así como o correo electrónico e teléfonos
de contacto.

Debido á actual situación, motivada pola Covid-19 e para a correcta
celebración da Asemblea Xeral, a Soc. Dep. Ameixenda tomará as
medidas necesarias para garantir o distanciamento social e non se
permitirá a presenza de ningunha persoa que non leve posta a máscara
regulamentaria.

Ameixenda, a 29 de xullo de 2020

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/Fernando Domínguez

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.