O RC Deportivo anuncia a destitución de Imanol Idiakez como adestrador do Depor. Os malos resultados lastraron ao adestrador vasco que máis ca nada pode decirse que non tivo nada de sorte na maioría dos partidos que leva xogado o equip nos que mereceu a maioría deles a vitoria. Infumable a primeira metade ante o levante nun choque no que se fixo dabondo para empatar na segunda metade, ao igual ca no día de onte ante o lider que foi superior na primeira media hora de xogo e aproveitou un roubo no medio do campor e un dobre rexeite no área deportivista para meterse 0-2. Máis alá deste intre foi un equipo bastante rácano que se adicou a defender e a perder tempo.
Dende piratasdemuxia ás nosas gracias a Imanol Idiakez que consigueu traer de volta o equipo a 2ª División e que como decíamos non tivo sorte no que vai de competición.
O rematar o encontro nas conversas antre os que víñamos do campo era que quizais ante o Cartaxena fose a primeira “bala” da permanenza do técnico vaso no seu posto, pero tal e como xa apuntaban onte as “máquinas do medo”, houbo unha xuntanza da dirección do clube e hoxe mesmo se anunciou a despedida de Imanol Idiakez.
O noso favorito para o posto é calquer dos da casa, Gilsánz, Scaloni, Paco, Lasarte, José Ramón…
Así despedía o técnico o RC Deportivo :
“O RC Deportivo informa que, após unha exhaustiva avaliación do rendemento do equipo e a súa traxectoria na presente temporada, decidiu prescindir dos servizos de Imanol Idiakez como adestrador do primeiro equipo.
Agradecemos a Imanol Idiakez a súa dedicación e esforzo durante o seu tempo no Club, así como pola súa gran achega no ansiado ascenso da temporada pasada. Foi un exemplo de compromiso e profesionalidade, e desexámoslle moito éxito nos seus futuros proxectos.
Nos próximos días, o Club anunciará o nome do novo adestrador. A sesión de traballo deste luns dirixiraa Roberto Cabellud. Seguiremos traballando para lograr os obxectivos que a historia do Club e a nosa afección merecen”.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”