IDA SEMIFINAIS “COPA DA COSTA XUVENIL” : CORME E OUTES DAN UN GRAN PASO.

 

Corme e Outes toman ventaxe na ida de semifinais

Corme e Outes CF gañan e perfílanse como finalistas da “Copa da Costa Xuvenil”, tras derrotar a SD Sofán, (5-1) e a SD Soneira, (3-1) respectivamente. Ben e certo que no caso dos vimianceses o gol en campo contrario dalles moitas esperanzas de cara a volta o vindeiro sábado en Vimianzo. Máis complicado teno o SD Sofán a pesares de marcar fora.

Corme CF 5-1 SD Sofán

Non se andivo con medias tintas o equipo cormelán que se perfila como finalista e claro favorito, tras derrotar en Cuartos ao campión de liga ED Os Miúdos e golear desta volta ao SD Sofán, nun choque no que os rapaces do Roncudo, adiantábanse por medio de Noel aos 19 minutos de xogo, pero vían como o equipo sofanista lles saía respondón e empataba 3 minutos despois por medio de Kevin. Un penalti pouco despois voltaba a poñer por diante aos do Cairo,. Unha pena máxima que transformaba Aitor. Antes do descanso Garrido facía o 3-1. Sentoulle mal este gol o equipo de Sofán, que tralo descanso tiña que abrirse e buscar meterse no encontro, pero os cormeláns sentenzaban practicamente a eliminatoria con tantos de Mauro e Alexandre. 

Goles : 1-0, Noel, (19´); 1-1, Kevin, (22´); 2-1, Aitor, (26´); 3-1, Garrido, (42´ de penalti); 4-1, Mauro, (63´); 5-1, Alexandre, (87´).

Incidencias : O colexiado Óscar Santos expulsou con dobre cartón amarelo ao adestrador sofanista Nando polas suas portestas tralo derradeiro gol dos cormeláns.

Outes CF 3-1 SD Soneira

Encontro xogado de poder a poder e no que se adiantaban os outeses por medio de Kevin Lariño ao fío do descanso. Foi a polo encontro o equipo vimiancés a volta de vestiarios e conseguía igualar por medio de Esteban. Lires del Río facía o 2-1 pasada a hora de xogo e o gol que pode valerlles moito aos do Conchido chegaba pouco despois por medio de novo de Kevin. Os vimianceses precisan como mínimo gañar por 2-0 se queren estar na final do día 22.

Goles : 1-0, Kevin Lariño, (41´); 1-1, Esteban, (61´); 2-1, Lires del Río, (61´); 3-1, Kevin Lariño, (68´).

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es