IDA DAS SEMIFINAIS COPA DA COSTA CADETE : “O XALLAS VIRTUAL FINALISTA, Ó OUTES VOLVEU A ATRAGANTÁRSELLE O PONTECESO”.

O Ponteceso volveu a ser un incordio para o campión de liga.

 

O Xallas FC e o Outes FC toman ventaxe para a volta das semificanis da Copa da Costa Cadete. No caso dos xalleiros parece insalbable para o UD Cerqueda, trala derrota por 0-5 no Pinguel, pero para o Outes FC a ventaxe é mínima, tras derrotar por 2-1 ao Ponteceso SD, polo que ainda pode pasar de todo. Para os que seguides os resultados na web da RFG decirvos que ainda que xa poñen como clasificados ao xallas e o Outes é un erro, polo que puidemos saber tras consultar os equipos.

 

Outes FC 2-1 Ponteceso SD

Xa lle plantou cara en liga o Ponteceso o campión absoluto da categoría, que non perdeu nin un só encontro e que empatou un, o que xogou ante os pontecesáns no Pinguel, e que acabou con empate a dous, (2-2), pero a cousa ainda estivo apretada no Conchido, pois os da Vila de Pondal caían pola mínima, (1-0). Desta volta a cousa non foi diferente e adiantábanse os da Serra por medio de José Lago aos 5 minutos de xogo, resultado co que se chegaba ata o descanso. A volta de vestiarios Leo Rama empataba para os pontecesáns, e non era ata o 82 cando Carlos Romero decantaba o encontro para os outeses. Aberto, moi aberto o encontro de volta.

 

UD Cerqueda 0-5 Xallas FC

Chegaba o subcampión de liga a casa do 7º clasificado, un rival a priori máis ca complicado para os cerquedenses, xa que en liga xa lles endosaran un 0-5, pero un premio a boa tempada feita polos rapaces. A cousa foi polos mesmos derroteiros e acababan co mesmo resultado. En liga na Fontenla gañaban os xalleiros por 8-0. Marcaron os goles xalleiros : Fernando, (2), Gustavo, Aarón e Mikel.

 

ENCONTROS DE VOLTA

Xallas FC-UD Cerqueda

Sábado 13/05/2023 ás 10:15 horas

Ponteceso SD-Outes CF

Sábado 13/05/2023 ás 10:15 horas

 

-Foto : Lilo Rama

-Texto : Xosé Búa : “Pirata”