Ibai Gómez pasou por rolda de prensa este medio día tras anunciarse onte que rescindía contrato co RC Deportivo. Se él mesmo foi o que pideu incorporase ao equipo, desta volta foi él mesmo o que pideu rescindir.
Acompañado de todo o plantel, corpo técnico, dirección deportiva, empregados do clube, e os médicos, na sala de prensa de Abegondo. Agradeceu a a todos o “tempo de calidade que me levo para toda a vida”, do tempo que estivo aquí.
Dixo que non llo comunicou nada máis ca o clube, fai un par de semanas, aos seus pais e a sua muller.
Antre o que dixo, nun ton enorme de humildade, sobre o futuro do Depor dixo que : “É brutal como traballa o club, o corpo técnico e todos os xogadores. Non sabedes as ganas que ten este vestiario. Só falta unha cousa, e sei que é complicado: no momento en que se teña confianza e paciencia no que hai, vai conseguir o obxectivo. Está todo perfecto para conseguir o obxectivo, e oxalá volva para celebralo”.
Él veu que non conseguía aportar, xa que con Borja Jiménez, pouco xogou e con Óscar Cano practicamente nada, e ata quedando as derradeiras duas saidas fora da convocatoria : “Con Borja xogaba un 40 ou un 60. Pero con Óscar e Elías tiven menos opcións. Dígoo sen rancor. Mario pasa á banda, Peke está a un nivel espectacular, Víctor, Quiles,… Podes cambiar moito, pero ao 100 non vou chegar. Isto unido a que teño un neno pequeno que está en Bilbao e que case non vin”.
Todo o que dixo telo no vídeo.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia