Iano e Alcaina primeiros deportivistas que fan o trasvase do Depor o Penafiel portugués propiedade do presidente do RC Deportivo, Juan Carlos Escotet.
Raúl Alcaina unha chispa que durou pouco
O paso de Raúl Toni Alcaina Fenolloso, (Museros-Valencia, 19/07/2000), pola Coruña foi coma a chispa dun mixto, breve e discreta. Incorporouse ao Dépor no mercado de inverno de 2024, procedente do Alcoyano, onde sumara 11 tantos en tempada e media. Chegou para reforzar o ataque do equipo en Primeira Federación e comezou con bo pé marcando 2 goles nas súas primeiras dúas aparicións saíndo desde o banco, pero a pesares de todo e de amosar boas maneiras de rematador non conseguiu afianzarse como titular.
Logo de medio ano en Riazor e co ascenso ao fútbol profesional, a competencia na dianteira aumentou, polo que tivo que buscar minutos noutro destino e foi cedido ao Real Murcia, onde contou con máis participación pero sen lograr o ascenso.
Agora, Alcaina despídese definitivamente do conxunto branquiazul para iniciar unha nova etapa en Portugal, concretamente no Penafiel, que milita na Segunda División lusa.
Iano Simao que “ben podía valer”
Iano Simao da Silva Imbeni, (Guinea-Bissau, 02/02/1999), incorporouse ao Fabril na tempada 2021-22 para reforzar o lateral esquerdo. Estivo dúas campañas en 3ª Federación, logrando o ascenso na segunda. Foi na 2ª Federación onde máis destacou, xogou 19 encontros, anotou tres goles e repartiu dúas asistencias, moi bos números para un defensor.
En febreiro de 2024, subeu o primeiro equipo onde participou en 7 partidos, 2 deles como titular, e formou parte do plantel que celebrou o retorno ao fútbol profesional. Tralo ascenso non sigueu no primeiro equipo e marchou cedido ao Arenteiro. No conxunto do Carballiño foi unha peza clave para a permanenza destes na 1ª RFEF, xogando como titular en 33 das 38 xornadas ligueiras.
Agora Iano terá a Alcaina como compañeiro no primeiro movemento antre o Depor e o Penafiel. Non trascenderon as cantidades do traspaso nen as clausulas que poida haber. O portunidade douro para ambos rapaces para tratar de explotar e quen sabe si nun futuro voltar.
-Fotos : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”

