Non é ningunha sorpresa, pero é gratificante a nova da ampliación dunha tempada máis para Ian Mackay. Un xogador da nosa canteira, que tivo que ir crecer a outros equipos, e que está totalmente identificado co equipo, non lle importou baixar de categoría para voltar o equipo do corazón, e que de seguro estará aquí, ata que se sinta que pode axudar, e esperemos que despois sega noutra faceta do clube.
O RC Deportivo e Ian Mackay Abad (A Coruña, 14 de xullo de 1986) chegaron a un acordo para ampliar a súa vinculación por unha temporada máis, até xuño de 2024.
O porteiro coruñés, de pai escocés e nai herculina, regresou o pasado verán á Coruña procedente do Sabadell para debutar despois dunha extensa carreira profesional (RC Deportivo Fabril, Vecindario, Atlético Baleares, Real Murcia CF, SD Cidade de Santiago, SD Ponferradina, Racing de Ferrol e CE Sabadell) co seu equipo de formación e de corazón, do que é capitán xunto a Álex Bergantiños e no que a pasada temporada foi titular indiscutible baixo os paus.
3.450 minutos, 38 partidos e 33 goles encaixados son as cifras asinadas por Ian na primeira das, por agora, tres temporadas que estará, polo menos, en casa.
-Foto : rcdeportivo.es
-Texto : piratasdemuxia