IAGO MARTINEZ FICHA POLO BERGANTIÑOS E CAUSAN BAIXA, IVÁN GARRIDO, JULEN ÁLVAREZ, VESPRINI E ANTÓN QUINDIMIL.

 

Iago Martínez ficha por dúas tempadas e catro xogadores causan baixa

O Bergantiños FC informa que o xogador Iago Martínez firma por dúas tempadas.
O defensa central (Pontevedra, 1997) estivo ligado ao Club Rápido de Bouzas estas últimas tres temporadas. Amais o xogador vén de conquistar coa Selección Galega o título de campión de europa da Copa das Rexións UEFA.

Iago militou nas tempadas 18/19 e 19/20 no Arosa SC e anteriormente no RC Celta B.

Catro xogadores causan baixas

O club tamén comunica a baixa dos xogadores Iván Garrido, Julen Álvarez, Vesprini e Antón Quindimil para a nova temporada.

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies