Iago Lago, (1º esqu), no podio de La Seu d´Urgell.
Un subcampionato de España, dous cuartos postos e un sexto, súmanse ó balance final do CDM Piragüismo Dumbría.
O CDM Piragüismo Dumbría regresou dos Campionatos de España de Slalom que se disputaron
esta fin de semán no Parque Olimpico del Segre, en La Seu d´Urgell cun subcampionato para o
deportista de Olveira no K1 sub23, ademáis dun magnifico cuarto posto absoluto.
Iago Lago en accion en La Seu.
Iago fixo unha magnífica competición, pasando sempre os cortes con suficiencia e facendo unhas baixadas non só co ritmo dos mellores, se non que ademáis sin apenas penalizacións, o que lle permitiu estar arriba durante toda a competición.
Jorge Quintáns competindo en terras catalanas.
Pola súa banda Jorge Quintáns e Marcos Sánchez eran os repersentantes do clube costeiro na
categoría K1 xuvenil, e tamén realizaron unha fantástica competición, con Marcos logrando a
sexta plaza final, e sendo o segundo xuvenil de primeiro ano, e con Quintáns metendose na final
co segundo mellor tempo.Na manga definitiva varias penalizacións apearon ó de Vimianzo do
podium que mesmo así asinou unha fantastica competición.
Marcos Sánchez en plena acción.
A cruz dos campionatos foi Lorena Costa. A internacional dumbriesa non atopou a súa baixada en
ningún momento, e non foi quen de meterse na final do K1 xuvenil femenino. Non foi o seu mellor
ano, quizais máis centrada nos estudos.
Peor lle foi a Francisco Fernández Romar a quen un virus gástrico lle impediu competir. Ademáis
Martín Fernández Romar exerceu de abridor da proba.
O éxito acadado non so polos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, se non por todo o
piragüismo galego nestes Campionatos de España reforzan a necesidade de contar na nosa terra
cun campo de slalom coma a que prentende sacar adiante o Concello de Dumbría en Olveira.
Tódolos nosos deportistas teñen que desplazarse a La Seu para poder entrenar en condicións de
igualdade cos demais deportistas do resto do estado, principalmente vascos e cataláns. O própio
Iago Canosa leva 6 anos lonxe da súa casa para poder entrenar e competir cos mellores e poder
alcanzar resultados coma o desta fin de semán.
IAGO CANOSA UNHA DAS NOSAS ESTRELAS DA SEMANA
O logro do Subcampionato de España de Slalom de piragüismo Sub 23, fai que o rapáz sexa un dos que entran no noso cadro de honra das “nosas estrelas”, para recoñecer pubricamente o rapáz e o que ven de acadar. Noraboa!!!.
-O artigo e as fotos son obra do CDM Piragüismo Dumbría para piratasdemuxia.es-
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es