“I TORNEO FEPEDEPOR PLAYSTATION FIFA20” : RESULTADOS 4ª XORNADA E PREVIA 5ª XORNADA, ADEMÁIS DE TODA A INFORMACIÓN.

 

Hoxe dispútase a 5ª xornada do “I Torneo FEPEDEPOR PlayStation FIFA20” que orgañiza a Federación de Peñas Deportivistas xunto co XPeSports e a colaboración do RC Deportivo. Derradeira da fase de grupos, que foi un tremendo éxito.

A nosa peña “Os Piratas de Muxía”, hoxe  no Grupo D disputa o seu cuarto e derradeiro encontro enfrontándose a Peña Miau Miua de Barcelona. O encontro será televisado por XPsPORTS dende ás 21:10 horas na sua canle de Twitch : https://m.twitch.tv/fifa20cuarentena/profile

No día de onte caíamos por 2-1 ante os amigos da Peña Deportivista Arlanzón de Burgos, nun choque que estaba en xogo para nós, seguir optando a pasar as eliminatorias, pero nun encontro no que comezamos gañando e tendo controlado o encontro, un gol dos que se denominan “churro”, nun barullo no área, foi clave, pois foi o remate do primeiro tempo e no inicio do segundo tempo e tras haber trocos, deu pe a unha pequena desconexión do ritmo de encontro e nada máis comezar a segunda metade caíanos o segundo, nun erro con pérdida de balón por banda dereita. Buscouse a igualada para ir a pola vitoria, pero non chegaría a pesares de tentalo e merecerse. A nosa noraboa a peña burgalesa e que lle vaia do milloriño nas eliminatorias.

 

 

Aquí tedes os resultados da 4ª Xornada que iremos completando segundo nos cheguen :

 

4ª XORNADA

 

 

TELEVISADOS POR XPESPORTS EN DIRETO HOXE

-Canle para ver os encontros : https://m.twitch.tv/fifa20cuarentena/profile

“O noso maior desexo de que para todos sexa un divertimento, sorte a todos, e que seguro que vai ser un éxito que alentará máis edicións…Forza Depor sempre!!!”.

 

-NA NOSA WEB IREMOS DÁNDOVOS CADA DÍA TÓDOLOS RESULTADOS O REMATE DA XORNADA-

 

Hai peñas que teñen a sua propia canle de Twitch e retrasmitirán os seus encontros por eles, sempre que non sexa un dos encontros que televisa online XPeSPORTS.

 

-ID PARTICIPANTES-

 

Así quedaron os grupos e os emparellamentos para esta semana : 

 

-TÓDOLOS RESULTADOS-

 

 

BASES DO TORNEO FEPEDEPOR FIFA20

*Tras a recepción das inscripcións, o día de comezo do Torneo será o Sabado 25/4. Os emparellamentos e horarios serán indicados ós participantes a través do email no que remitiron as inscripcións, se non hai problemas de conexións o primeiro partido de cada xornada comezará ás 20h salvo día das Semifinais, (Sábado) que será ás 19h.

*A modalidade de competición se modifica debido á cantidade de participantes. Para ampliar a experiencia dos xogadores e que a súa participación non se vexa reducida a xogar soamente un partido de eliminatoria no caso de perder, as Peñas agruparánse en

4 grupos de 6 e 4 grupos de 5 xogadores. A final xogarase o Domingo día 3 de Maio.

Os emparellamentos cos xogadores do R.C Deportivo serán a modo de exhibición e informarase do horario exacto para a súa celebración nesa fin de semana.

*O límite de idade vese modificado respecto ó indicado nas bases a un mínimo de 13 anos, idade mínima que marca o PlayStation para posuir unha conta persoal.

*Actualízase a modalidade de xogo , será Partido Amistoso Online, polo que se xogaría a Gol de Ouro o desempate en caso de igualdade no marcador ó rematar os 90 minutos reglamentarios.

* En relación á duración dos partidos se contempla que as semifinais e a final duren 20 minutos cada parte.O resto de emparellamentos serán de 6 minutos por parte.

* Non cabe elección de equipo distinto ó R.C.Deportivo da Coruña cun nivel medio de 85 en habilidades.

*O terceiro clasificado terá como recompensa un modelo exclusivo de camiseta e bolsa de man por xentileza de A Costureira. Celebrarase un partido entre os perdedors das semifinais para decidir o teceiro posto.

*A emisión en directo é competencia exclusiva de FIFA20CUARENTENA a través da plataforma de XpeSports en Twicht.tv que dará sporte técnico, retransmisión e de promoción ó Torneo durante toda a semana.

O Torneo está organizado pola Federación de Peñas ca colaboración do R.C Deportivo da Coruña e ten un carácter totalmente lúdico e recreativo, para axudar a pasar dun xeito máis ameno estas semanas de confinamento e cuarentena.

Trátase dunha invitación aberta a tódalas Peñas que forman parte da Federación a participar nesta competición virtual, as cales deberán nombrar un representante único por peña, sen límite de idade.

REGLAS DA COMPETICIÓN

Unha vez finalizada a recepción das inscripcións, farase o sorteo de emparellamentos tamén dun xeito virtual ca ferramenta de challonge.com . Para o correcto desenvolvemento do Torneo fixaránse horarios que se axeiten ós dous contrincantes.

O modelo de xogo do torneo será o de Partido Único Online, cunha duración de 6 minutos por parte. Se terminara en empate, pásaríase a prórroga e penaltis, evitando o gol de ouro.

Os partidos serán eliminatorios e determinarán o avance de cada equipo na competición.

Para evitar a diferencia de nivel entre equipos, tódalas plantillas poñeránse a nivel medio 85. Recoméndase a elección do Deportivo na elección de equipos dada a natureza do torneo.

Permítese realizar cambios tanto na táctica como dos xogadores sempre e cando o partido esté parado (descanso, faltas,etc) para así non entorpecer o ritmo do torneo.

Para que a idea de pasar unhas xornadas amenas e divertidas poida ser disfrutada por tódolos seguidores, os partidos retransmitiránse pola canle oficial da Federación de Peñas que ten na plataforma YouTube. Os xogadores deberán seguir as pautas para a emisión en directo da cada partido nesa canle, para o que se lle ofrecerá a información necesaria.

PREMIOS

A Organización do Torneo contempla premios para os dous finalistas:

Gañador: Camiseta do RC.Deportivo da Coruña e exención de pago de cuota da Peña para a próxima tempada.

Segundo clasificado: Exención pago da cuota da súa Peña para a próxima tempada e xogo de camisetas #Aunión e #Aforza

Os dous finalistas xogarán cadanseu partido amistoso con dous xogadores da primeira plantilla do R.C.Deportivo da Coruña.

Animamos a todas as Peñas a participar e disfrutar desta iniciativa, esperamos as vosas solicitudes. Asímesmo, aproveitamos para enviarvos un saúdo e aperta grande para levar o mellor posible e entre todos esta pandemia que nos está a afectar.

Os datos ofrecidos polas peñas so teñen carácter identificativo e se usarán exclusivamente para a correcta celebración do torneo. Tal e como reclama o posuidor da licencia do xogo debemos indicar que “nin Electronic Arts Inc. nin os seus licenciantes están afiliados a este torneo e tampouco o partocinan”.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Federación de Peñas RC Deportivo

-Datos : XPeSPORTS

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies