“I COPA DA COSTA FEMININA” : “OS ADESTRADORES APUNTAN A UNHA FINAL HISTÓRICA”.

GRAN FINAL

“I COPA DA COSTA FEMININA DE FÚTBOL”

Este vindeiro Domingo 23 de Xuño  dende ás 11:30 horas, no Municipal do Conco, xogarase a “I Copa da Costa Feminina”, como federadas, xa que anos anteriores houbo algunha edición pero cos equipos sen federar. Enfrontaranse os dous equipos federados da costa, o ED As Miúdas que xoga na 2ª División Galega Grupo 3, e que fixo unha tempada histórica clasificándose na 3ª posición e xogando a fase de ascenso na que quedou fora na primeira eliminatoria e o Bergantiños Feminino CF, que tamén fixo unha gran tempada na 2ª División galega Grupo 2. Unha dta histórica para o fútbol feminino costeiro e así o ven os dous adestradores, Gueli Cotelo por parte das bergantiñanas e Fran Figueoira por parte das muradanas.

 

ENTREVISTA AOS ADESTRADORES

 

-Como ves o rival?

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Pois vexo que rematou competindo moi ben na liga e facendo un gran papel na fase de ascenso, que xuntado a ilusión pola final van ser un rival moi potente”.

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños Feminino CF) : “Pois vexo a un unhas Miudas que aínda que non acabou a fase de ascenso da mellor maneira, chega de recuperar xogadoras importantes. Demostrou na tempada ser un equipo cun gran potencial ofensivo, cunha Bárbara en plan estelar”.

 

-Como ves a a final?

Fran Figueroa : “Pois histórica, única, especial, motivante, un paso enorme para tantas nenas que xa se están animando a formar parte dos equipos que se moven para desde xa facer este camiño do fútbol en clave femenina algo imparable”.

Gueli Cotelo : “As finais sempre son igualadas, pero destacaría mais o feito histórico deste partido. As miñas xogadoras están moi ansiosas e motivadas para este encontro. Queremos rematar a tempada da mellor maneira posible”.

 

-Cales crees que son as claves para levarse a Copa?

Fran Figueroa : “Pois saber manexar os nervios, creo que ambos conxuntos son bastante parexos e si cadra non saber amarrar da emoción pode sumar para o rival. Así e todo ambas escuadras debemos disfrutar de cada momento desta gran festa da Costa da Morte, cos anos vanse recordar a todas estas deportistas como aquelas que arrancaron unha bonita etapa e eso xa é unha victoria, despois si a conseguimos traer para Muros será o broche a tanto esforzo e traballo de directivos, patrocinadores, aficionados e xente que creeu en cada pasiño que demos nestes 2 anos de vida, e motivará a seguir medrando”.

Gueli Cotelo, (Bergantiños Feminino CF) : “Seguro que o equipo que demostre maior solidez defensiva terá moito gañado. Temos que estar acertadas nas vixilancias sobre as súas xogadoras de ataque e aproveitar as nosas ocasións”.

 

Desexámoslle moita sorte a ambos equipos e que gañe o mellor, e que prime a deportividade, que de seguro que está asegurada e máis tratándose do fútbol feminino, do que teñen e moito que aprender os homes.

 

“I COPA DA COSTA FEMININA DE FÚTBOL”

Día : 23/06

Hora : 11:30

Campo : Municipal do Conco, (Dumbría)

Árbitro principal : David Vázquez Lema

Asistentes : Óscar Rey e Lucas Vicente.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies