GRAN FINAL
“I COPA DA COSTA FEMININA DE FÚTBOL”
Este vindeiro Domingo 23 de Xuño dende ás 11:30 horas, no Municipal do Conco, xogarase a “I Copa da Costa Feminina”, como federadas, xa que anos anteriores houbo algunha edición pero cos equipos sen federar. Enfrontaranse os dous equipos federados da costa, o ED As Miúdas que xoga na 2ª División Galega Grupo 3, e que fixo unha tempada histórica clasificándose na 3ª posición e xogando a fase de ascenso na que quedou fora na primeira eliminatoria e o Bergantiños Feminino CF, que tamén fixo unha gran tempada na 2ª División galega Grupo 2. Unha dta histórica para o fútbol feminino costeiro e así o ven os dous adestradores, Gueli Cotelo por parte das bergantiñanas e Fran Figueoira por parte das muradanas.
ENTREVISTA AOS ADESTRADORES
-Como ves o rival?
Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Pois vexo que rematou competindo moi ben na liga e facendo un gran papel na fase de ascenso, que xuntado a ilusión pola final van ser un rival moi potente”.
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños Feminino CF) : “Pois vexo a un unhas Miudas que aínda que non acabou a fase de ascenso da mellor maneira, chega de recuperar xogadoras importantes. Demostrou na tempada ser un equipo cun gran potencial ofensivo, cunha Bárbara en plan estelar”.
-Como ves a a final?
Fran Figueroa : “Pois histórica, única, especial, motivante, un paso enorme para tantas nenas que xa se están animando a formar parte dos equipos que se moven para desde xa facer este camiño do fútbol en clave femenina algo imparable”.
Gueli Cotelo : “As finais sempre son igualadas, pero destacaría mais o feito histórico deste partido. As miñas xogadoras están moi ansiosas e motivadas para este encontro. Queremos rematar a tempada da mellor maneira posible”.
-Cales crees que son as claves para levarse a Copa?
Fran Figueroa : “Pois saber manexar os nervios, creo que ambos conxuntos son bastante parexos e si cadra non saber amarrar da emoción pode sumar para o rival. Así e todo ambas escuadras debemos disfrutar de cada momento desta gran festa da Costa da Morte, cos anos vanse recordar a todas estas deportistas como aquelas que arrancaron unha bonita etapa e eso xa é unha victoria, despois si a conseguimos traer para Muros será o broche a tanto esforzo e traballo de directivos, patrocinadores, aficionados e xente que creeu en cada pasiño que demos nestes 2 anos de vida, e motivará a seguir medrando”.
Gueli Cotelo, (Bergantiños Feminino CF) : “Seguro que o equipo que demostre maior solidez defensiva terá moito gañado. Temos que estar acertadas nas vixilancias sobre as súas xogadoras de ataque e aproveitar as nosas ocasións”.
Desexámoslle moita sorte a ambos equipos e que gañe o mellor, e que prime a deportividade, que de seguro que está asegurada e máis tratándose do fútbol feminino, do que teñen e moito que aprender os homes.
“I COPA DA COSTA FEMININA DE FÚTBOL”
Día : 23/06
Hora : 11:30
Campo : Municipal do Conco, (Dumbría)
Árbitro principal : David Vázquez Lema
Asistentes : Óscar Rey e Lucas Vicente.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es