HUGO SAMBAD DEIXA O MUXÍA CF TRAS TODA UNHA VIDA NÉL, AGRADECIDO CON TODOS.

 

Hugo Sambad Rodríguez, (Muxía 1998), é un deses xogadores que tiveron a sorte de poder dalo todo dende benxamín, ata o primeiro equipo da sua vila. Sorte que non tiveron outros moitos compañeiros que se lles curtou a traxectoria despois de cumprir toda a vida no clube. “Son un afortunado por xogar tantos anos sin parar, e disfrutar con distintos compañeiros e adestradores, e ca xente do pobo”, dinos Hugo.

Porteiro de gran talento sempre, dende os seus inicios, con temperamento e entrega a un escudo, dí adeus, (ou ata logo), despois de preto de 18 anos defendendo os paus do equipo en tódalas categorías, e vivindo os intres malos, e os bos, coma o título da 3ª da Costa da 2016/17.

Non quer deixar o equipo sen ser agradecido, o deixar o clube por diferentes motivos : “Despois de máis de 17 anos decidín deixar o Muxía por distintos motivos. Só quero dar as gracias a xente que, nos peores momentos estiveron no equipo do noso pobo, traballaron, loitaron por que o Muxía non caese, e gracias a eso agora estamos disfrutando o momento tan bo, cun equipo senior increíble”. 

Nestes intres duros de deixar o equipo da sua vida véñenlle lembranzas do pasado : “De pequeno acórdome de ir ver os grandes, e ver a Ángel Luis ou Juan Angel, antre outros, e querer estar aí, e na medida do posible estiven. Esa ilusión por xogar no teu equipo, e ese sentimento téñeno que ver todos os nenos indo o campo todos os domingos, e seguro que teñen a oportunidade”.

Tamén ten lembranzas para os que fixeron que o bo intre do Muxía agora arrastre a afección : “A esta xeración o fútbol débelle moitas alegrías, porque a parte de ser grandes xogadores, son grandes personas”. 

Deixa a porta aberta a unha posible volta co tempo : “Oxalá os motivos polos que decidín deixalo, pasen o antes posible e poda volver”.

E agradece o que lle deu a xente : “Gracias de corazón o cariño que me dou siempre a xente, e os meus compañeiros que tiven desde benxamíns…Vémonos na Arliña”, remata dicindo o gran porteiro muxián.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia