Hugo chegaba de volta o Depor na 2023/24.
Hugo Rama fixo a sua despedida por medio dunha carta púbrica na que se despideu da afección polo seu apoio nos “moemntos malos e bos, porque ninguén máis ca vos sabe o que é este escudo”, e “samebdo” que o equipo “volverá a estar onde debe”. Tamén tivo palabras de agradecemento para tódolos que conviviron con él o día a dia, fisios, utilleiro, empregados do clube, os de prensa, , psicílogos, recuperadores, presidente masculino e feminino, os compañeiros no verde, a sua familia e amigos…
Aquí tedes a sua carta o completo :
Ola familia!
Hai case 10 anos ía de Abegondo cun obxectivo marcado, volver para formar parte do primeiro persoal do Dépor.
É complicado falar despois de vivir un ano tan duro persoalmente, pero asegúrovos que o poñerme cada día este escudo e pensar que algún día podería axudar ao noso Dépor valía máis que calquera outra cousa. Como dixen máis dunha vez, era onde quería estar.
Afección, grazas por cada momento, os bos e os malos, porque ninguén máis que vós entende mellor o que é este escudo, porque convosco sabemos que o Dépor volverá onde debe estar…
Agradézovos todo o apoio e todas as mensaxes neste mes que se resolvía o meu futuro… oxalá puidese despedirme doutra forma…
Suso, Diego, Javi e Cholo, grazas pola vosa paciencia.
Rafa, PJ, Susi e Laura, espero que cando veais as miñas fotos ou vídeos lembrédesme sempre cun sorriso.
Dani, Rubén, Pablo e Emi, que ben nolo pasamos na sala de fisios e cada noite de hotel.
Roberto e Joaquín, grazas por non soltarme a man nunca, axudar a que non me rendese e estar sempre preparado.
Grazas Canosa e Nando, por comervos todo o verán ao meu lado sempre con ganas de traballar e mellorar.
Grazas Montse, polo teu comidas pero abrigo por todo o agarimo que nos dás.
Grazas Juan Carlos e Michelle, por todo o empeño de querer devolver ao noso Dépor onde merécese.
Compañeiros (amigos) fomos moi felices, é imposible non volver atrás e non pensar no moito que gozamos xuntos, quérovos moito.
Á miña familia e amigos, GRAZAS, é un día fodido, pero estou máis motivado que nunca para que xuntos volvamos sorrir!
Aquel 12 de maio quedará Déporvida comigo!
Deséxovos o mellor!
Ata sempre!…Forza Dépor”.
“O noso desexo desde Os Piratas de Muxía de que trunfe alá onde vaia pois ten calidade abonda para facelo. Aquí mereceu moito máis do que lle deixaron pero son cousas do fútbol. Vaise un dos nosos que pasa a formar parte da familia deportivista que lle da a volta os 105 x 68…que teñas boa proa!!!”.
-Foto : RC Deportivo
-Carta : Hugo Rama
-Texto : Xosé Búa “Pirata”