HUESCA 3-1 DEPOR : “DERROTA XUSTA CON DEMASIADOS ERROS”

 

Encontro para esquecer do Depor a hora de cometer erros. Primeira derrota da “Era Anquela”, tras unha boa pretempada e a vitoria ante o Oviedo da pasada semana. Non é que fora o Huesca unha apisonadora, pero os erros condenaron o equipo e nos derradeiros minutos Dani Giménez evitou un par de goles máis.

Desastrosa a actuación de Luis Ruiz na banda esquerda que foi unha autopista o ceo para o equipo oscense. Un primairo gol tras recuperación e erro colectivo puxo por diante aos locais. Un “churro” que se convirteu en golazo no desconto foi a clave do encontro. Antes de todo esto Koné, o mellor dos deportivistas con Dani Giménez, marcara e o VAR anulou acertadamente o gol.

A segunda metade marcouna o gol dos locais que foi clave e que chegou noutro agasallo nun día de “mercadillo” a hora de regalar. Lesionouse Somma, Bóveda foise a defensa, Vicente Gómez entrou o medio do campo e Crístian Santos que acababa de entrar marcou un golazo cun zurdazo impresionante dende fora do área. 

Parecía que o gl deixaba tocados os locais pero non houbo continuidade. Dani Giménez, como decíamos, evitou un par de goles, por dous erros “infantís” en defensa.

Derrota xusta, moito que mellorar e con tempo por diante. Nen somos unha “merda”, nen o Huesca vai a asceder no Nadal. Esto acaba de escomezar e queda moito por diate. O ano pasado o Málaga fixo 5 de 5 no comezo e aí está, polo que non hai que rasgar as vestimentas.

 

Nolaskoain operado de apendicite

Noutro órde de cousas, o xogador deportivista Peru Nolaskoain, sufreu un episodio de apendicite e foi operado no hospital oscense Viomed Santiago no que estará ingresado uns días, polo que foi baixa e seráo durante un par de meses aproximadamente.

 

 

Entraron : Samuele Longo por Pedro Sánchez, (54´); Chrístian Santos por Borja Valle, (55´); Vicente Gómez polo lesionado Somma, (67´).

Goles : 1-0, Eugeni, (26´); 2-0, Raba, (45+4); 3-0, Pulido, (53´); 3-1, Chrístian Santos, (73´).

O Detalle : A pesares de que o equipo oscense non lle cedeu entradas o RC Deportivo houbo unha nutrida asistencia de deportivista no Alcoraz. Primeira vez na sua historia que o Huesca derrota ao Depor.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es