HOXE XOVES 4 DE SETEMBRO COMEZA A “NOVENA DA BARCA” PISTOLETAZO DE SAIDA AOS ACTOS RELIXIOSOS NESTA BARCA DE ANO XUBILAR.

Novena e Romaría da Nosa Señora da Barca 2025, (Muxía).

O Santuario da Virxe da Barca, en Muxía, que este ano foi un dos 4 elixidos en Galicia como Templo Xubilar o que fixo que xa se achegasen, (e se sigan achegando), milleiros de devotos para gañar o Xubileo, celebra un ano máis a tradicional Novena e Romaría na honra da Nosa Señora da Barca, unha data de gran relevancia para Muxía, a bisbarra e Galicia e para tódolos católicos. A programación litúrxica desenvolverase do 4 ao 15 de setembro de 2025.

Novena na honra da Nosa Señora da Barca, do 4 ao 12 de setembro 2025

Cada día celebrarase misa ás 09:00 e ás 19:00 horas, precedida media hora antes polo rezo do Santo Rosario. Acompañarán sempre sacerdotes dispoñibles para confesións.

Actos extraordinarios durante os días da Novena

  • Sábado 6 de setembro: ás 17:00 horas, celebración coas nenas e nenos, e ás 20:30 horas, “Procesión nocturna da antorchas” desde o Santuario ata o pobo e volta o Santuario.

  • Domingo 7 de setembro: ás 17:00 horas, celebración coas persoas enfermas e maiores.

  • Martes 9 de setembro: ás 17:00 h, funeral polos devotos da Nosa Señora da Barca falecidos.

Programación do Sábado 13 – “Sábado da Barca”

Misas ás 11:00 h, 13:00 h (cantada), 18:00 e 19:00 horas

Domingo 14 – Día Grande

Misas ás 11:00 h e ás 13:00 h (Misa de campaña, seguida de procesión ata o porto e bendición), ademais de funcións ás 18:00 e 19:00 horas.

Luns 15 – “Luns da Barca”, (Día dos muxiáns)

  • 10:00 h: procesión desde a igrexa parroquial.

  • 12:30 h: misa no Santuario.

  • 19:00 h: misa final da celebración 

Fin de semana posterior á festa

O sábado e domingo seguintes, acostuma a chegar moita xente que por diversos motivos non pode estar drante a novena e a romaría, as misas serán ás 12:00 horas, 17:00 e 19:00, mantendo a presenza de confesións durante toda a programación.

As misas en direto online

As misas para os que non poden achegarse son ofrecidas en direto pola canle fe FaceBook para todo o mundo : https://www.facebook.com/profile.php?id=61560301827907

Precaución nas estradas

Xa levan chegando todo ano peregrinos e romeiros pero nestas datas da Novena serán milleiros os que se despracen ata os pés da nosa Virxe para cumprir cos exvotos e así mesmo neste Ano Xubilar gañar o Xubileo, (dedicado á reconciliación, á conversión e á renovación espiritual, ofrecendo aos fieis a oportunidade de recibir a indulxencia plenaria), polo que pedimos precaución nas estradas en dirección a Muxía, xa que mentres que os peregrinos teñen a maioría dos tramos afastados da estradas os romeiros acostuman a trancurrir polos arcéns das estradas, tanto polo día como pola noite ou de madrugada.

Hoxe en día maiormente camiñan con chaleco reflectante e de cores vivas, pero tamén nos podemos topar xente en bicicleta, a cabalo, etc…PRECAUCIÓN.

 

A nova/vella anda da Virxe

O pasado sábado tivo lugar o reestreo da Anda da Virxe da Barca, unha anda que foi restaurada e que data do 1921. Tivo lugar unha misa solemne no Santuario ca presenza do Arcebispo de Compostela, Francisco José Prieto e o acto rematou cunha procesión arredor do Santuario e posteriormente ata enriba da Pedra d´abalar coa bravura do mar e a posta de sol de fronte.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fonte : https://santuariodeabarca.org/gl/novena-e-festa-da-barca-2025/

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies