HOXE XÓGASE UN DOS DOUS ENCONTROS QUE QUEDABAN NO GRUPO 1B DA LIGA DA COSTA QUE FORAN ADIADOS POLO COVID-19. O CASTRÍZ RECIBE AO NANTÓN CUN POSTO EN PROMOCIÓN EN XOGO PARA OS XALLEIROS.

O Castríz depende de si mesmo para ir a promoción.

 

Na noite deste venres xógase un dos 2 encontros que faltan para igualar os encontros xogados no Grupo 1B da Liga da Costa, xa que o resto de encontros deste grupo, así coma os do 1A e os da 3ª da Costa xa se xogaron.

Cas ligas a 4 xornadas para o final, o que máis beneficiado pode sair destes encontros é o SD Castríz, que hoxe recibe no San Pedro de Castríz ao CD Nantón, e conta con 1 encontro máis por disputar dos adiados. Os xalleiros están a tan só 2 puntos do SD San Lorenzo, que na 3ª posición marca os postos de promoción de ascenso, tendo ao segundo, Cabana SD a 5 puntos e ao lider SD Coristanco a 7.

Tamén hai que ter en conta que deberá xogar encontros actuais nas fins de semana. Dos encontros adiados pendentes o que lle quedará será ante o SD San Lorenzo, máximo rival pola promoción, e que se xogarán na casa dos verdilleses.

 

Encontros pendentes dos adiados do Grupo 1B

SD Castríz-CD Nantón, 04/03 ás 21:00 horas

SD San Lorenzo-SD Castríz, 10/03 ás 21:15 horas

 

A loita pola promoción e o descenso

Como xa decíamos a loita maior pola promoción está no que faga o SD Castríz hoxe, e que depende de si mesmo ainda que perda, tendo un encontro vital ante o SD San Lorenzo, que non pode fallar nese encontro, faga o que faga o equipo xalleiro. Máis doado, pero téñeno Cabana SD e SD Coristanco, que ademáis loitan pola liga. Os coristanqueses con 27 puntos son os que menos precisan errar para estar na posición, así coma os cabaneses, pero estes con máis presión para pechar a promoción. UD Cerqueda, SCD Malpica, CD Nantón, Sporting Zas e SCD Buño, loitarán por evitar o descenso a 3ª da Costa.

 

-Foto : SD Castríz

-Texto : piratasdemuxia