HOXE VENRES XOGA A SELECCIÓN DO EX DEPORTIVISTA FABIÁN SCHAR, A DO 2º PAÍS DE MILLEIROS DE GALEGOS E O 1º DE MOITOS OUTROS.

Fabián Schär, deixou impronta no Depor en pouco tempo.

 

Hoxe venres 2 de Xullo a partires das 18:00 horas, (16:00 GMT), xoga en San Petersburgo a Selección de Suiza, na que xoga o ex deportivista Fabián Schär, un elegante central que manexaba as redes sociais e dirixíase sempre ao deportivismo con mensaxes en galego e sabedor dos milleiros de galegos que viven e axudaron a levantar o seu país, (e o noso). Un central de luxo que tivo que marchar do Depor polo descenso e que deixou na sua marcha o Newcastle 5 millóns de euros nas arcas deportivistas, así como as gañas de velo máis. Foise no seu día cunha emotiva mensaxe de despedida, (en galego).

Así decía a carta de Schär : “Primeiro, quero agradecer o trato que recibín por parte do club, da xente que me axudou e de todos os deportivistas. Encantou coñecer a terra galega, a súa cultura e a lingua, e podo dicir de todo corazón que agora sei o que realmente significa a palabra morriña. Foi, é, e sempre será unha honra formar parte da vosa historia, da que aínda queda moito por escribir. Moita sorte e sempre Forza Depor”.

Ademáis nos suizos temos a Ricardo Rodríguez, que o seu pai e de Crecenden e a Loris Benito cuai nai é de Arteixo e nos rivais dos suizos, como todos sabedes, que é a Selección de España, non ten nada que a una a Galicia, agás algún xogador dos equipos españois cos que se sinta identificado algún que outro afeccionado do fútbol español.

Suiza é para milleiros de galegos o seu segundo país e para moitos outros o primeiro, polo que lles deu e porque hai moitos que xa son fillos da emigración, e ata netos. Polo tanto algúns terán o corazón dividido e outros con claras preferenzas.

O noso desexo de que gañe o mellor, pois gañe un ou o outro cabe aquelo de dicir como me dí un amigo galaico-suizo : “Se perdemos contra España, é diferente, non doe tanto e se perde Suiza contra España, tampouco”, o “Tanto monta, monta tanto”, de Isabel a Católica.

A nosa web ten milleiros de siareiros espallados polo mundo en especial, galegos na diáspora, e na Suiza moitos máis ca en calquer parte do mundo, con milleiros de entradas a diario dende o país alpino, o que nos enche de orgullo e polo que etamos super agradecidos.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies