HOXE VENRES : 5ª ENTREGA DAS CHARLAS-COLOQUIO DO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES E A RFGF : “FALEMOS DE…FÚTBOL” CON : “EL PITU” ABELARDO E JOSÉ LUIS MENDILIBAR”.

 

Trala xornada do pasado martes, segunda falando de fútbol sala con dúas referencias a nivel mundial (Jesús Velasco e Jorge Braz), cuarta tralas outras duas de fútbol, como vén sendo habitual, hoxe venres a partir das 19.30 horas, chega a de “Falemos de Fútbol”, 5ª entrega destas charlas-coloquio cos afeccionados.

O Comité Galego de Adestradores e o Departamento de Comunicación da RFGF volven á carga. Tras o éxito destas catro primeiras xornadas a RFGF repetirá o formato e organiza para hoxe venres 10 de Abril, outra xornada on-line centrada desta vez no fútbol na que participarán José Luis Mendilibar, adestrador da SD Eibar, e Abelardo Fernández, técnico do RCD Espanyol de Barcelona. A xornada arrincará en directo na canle de Youtube da RFGF : https://www.youtube.com/channel/UCIkL1CuusMSI_BErRxG5SIg?view_as=subscriber

 

“El Pitu” Abelardo : De Terceira a Primeira

O “Pitu” Abelardo chegou ao RCD Espanyol de Barcelona o pasado mes de decembro. O míster asturiano coñece ben a cidade tras a súa longa estancia de oito anos como xogador do Barça, de 1994 a 2002, aínda que a súa primeira toma de contacto foi como olímpico nos Xogos de 1992 e aquela inesquecible medalla de ouro coa selección. Dous anos despois, o Barça pagou a súa cláusula de rescisión ao Sporting.

Tras oito anos (dúas Ligas, dúas Copas e unha Recopa) xogou unha tempada máis no Deportivo Alavés, o equipo no que tamén brillou recentemente como adestrador. Chegou a Vitoria en decembro de 2017 para tentar lograr unha salvación que logrou para situar despois ao cadro vitoriano nunha cómoda metade da táboa, tras unha primeira volta entre os mellores, con varias xornadas no liderado.

Outro dos grandes méritos de Abelardo como adestrador foi ascender a Primeira co Sporting forxado con futbolistas moi novos da canteira de Mareo e mantelos despois en Primeira División co orzamento máis curto da Liga.

Pitu empezou cos cadetes do Sporting, pero poucos meses despois, en 2008, xa estaba no filial. Fóra do Sporting, Abelardo propúxose empezar desde abaixo, polo que asinou polo Candás, de Terceira. Tamén estivo no Tuilla, tamén en Terceira, pero con aspiracións de ascender.

 

José Luis Mendilibar : Tan silencioso como contundente

Falar nos últimos anos do Eibar é falar do equipo de José Luis Mendilibar. E é que o técnico vasco converteuse nun dos que máis tempo leva na Liga nun mesmo banco, concretamente desde xullo de 2015.

O míster vasco, nacido en 1961, despregou a súa carreira deportiva sobre o céspede en equipos de Segunda, nunca na elite. Aínda que curiosamente a súa traxectoria nos bancos está a ser ligado máis a clubs de Primeira que da categoría de prata. At

hletic, Real Valladolid, Osasuna e Levante, ademais do citado Eibar, en dúas ocasións, foron desde 2005 os destinos do míster vasco.

Con esa mestura de esixencia e proximidade, Mendilibar labrou un éxito tan silencioso como contundente. Como mostra, o seu actual Eibar. Antes ascendeu ao Valladolid coa mellor puntuación da historia de Segunda, deixou a Osasuna a un punto da Europa League e estivo a unha vitoria de ascender co Eibar hai 14 anos.

O actual adestrador do Eibar tamén impulsou as carreiras de David Silva, Pedro León e Raúl García.

 

En directo na nosa canle de Youtube

A xornada online “Falemos de Fútbol con José Luis Mendilibar e Abelardo Fernández” comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol (Canle da RFGF).

-Foto e Texto : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.