Hoxe venres 31 de xullo comezan ca gran sardiñada a partires das 20:00 horas a carón da hermida de San Isidro de Quintáns, (Muxía) as festas na honra do Santo e da sua dona Santa María da Cabeza.
A gran sardiñada de hoxe estará amenizada pola charanga Santa Compaña, para tras dar conta das sardiñas, pementos de Padrón, broa e bebidas pasarase a verbena co Trío Alborada para rematar co concerto do noieses Monoulious DOP.
Sábado 1 : Santa María da Cabeza
O sábado está adicado a Santa María da Cabeza. O día comezará co pasarúas do grupo de gaitas muxián Xaramiños do Corpiño, para ás 12:00 ter lugar a misa na ermida na honra da Santa e a posterior procesión. A sesión vermú terá como animadores ao Dúo Charada. Pola noite estarán a Orquestra Trebol, Disco Movil Impacto+Tomando Party con David Bermúdez e Martín Pérez, tamén haberá un gran concerto de Esedekaa.
Domingo “Día do Patrón”
O Domingo é o día máis esperado polos veciños/as. O “Día do Patrón” e comezará co pasarrúas a cargo da Banda de Música de Cee, un feito que se recupera tras varios anos sen banda de música. Ás 13:00 será a misa solemne na honra de San Isidro Labrador trala que terá lugar a procesión acompñada da histórica e tradicional Danza das Espadas, desenrolada por rapaces e rapazas do lugar e da contorna. Unha danza que foi traida de alén do mar e que se ven danzando en Quintáns, (Muxía), desde fai máis de 100 anos e que ten unha peza de música única, vertixionoso, que leva aos espadachíns danzantes ata a extenuación. Unha danza que foi i é de estudio para moitos estudiosos da música e das tradicións.
Tralos actos relixiosos haberá unha macro sesión vermú coa Osquestra Fuego, Dj Ferre, Dj, Martín Bermúdes e Dj Castrinho. Pola noite pecharán as festas deste 2026 a Orquestra Fuego e o Dj Crejo.
–
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”
–




