Os xuvenís chegan tras deixar pola popa a C. Vigo, Atlético e Villareal.
Hoxe ás 20:00 horas, (19:00 GMT), televisado pola canle de Youtube RFEF, o deportivismo ten unha cita co Deportivo Xuvenil na semifinal da Copa do Rei ante o UD Almería.
Os de Manuel Pablo, que compareceu en rolda de prensa no día de onte, tal e como vos ofrecemos, xunto co fisterrán Hugo Baldomar, buscarán un posto na finalísima desta competición, 21 anos despois de que o deportivismo tal día coma hoxe estivera celebrando o Centenariazo.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
