HOXE SEGUNDO DÍA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES TRAS UNHA EXITOSA PRIMEIRA XORNADA A DE ONTE.

 

No día de onte, tal e como vos informábamos, comezaba a campaña de recollida de xoguetes, para a Cruz Vermella da Coruña e alimentos, para o Banco de Alimentos “Rías Altas”, que despois repartiran antre os máis desfavorecidos. A primeira xornada foi todo un éxito e recolléronse máis de 300 kg. de alimentos para e un cento de xoguetes novos.

Serán 3 días de solidaridade, co de hoxe e mañán venres, nos que poderás achegarte a “Porta 28” do Estadio de Riazor, (Tribuna Inferior onda a Deportienda), en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas.

Por se tes algunha dúbida, na parte dabaixo da portada da nosa web tes un vídeo de o sencillo e seguro que é facer a tua doación, con tódalas medidas pertinentes do COVID-19. A recollida está orgañizada polo RC Deportivo e a Federación de Peñas Deportistas.

En agradecemento á solidariedade dos Deportivistas, o Dépor entregará a cada doante números para o sorteo de 10 camisetas do Dépor ou o Dépor ABANCA, 10 gorras, 10 bufandas e 5 balóns. Cuantos máis quilos ou xoguetes se doen, máis oportunidades hai de conseguir eses premios. Por cada 5 quilos de alimentos conseguirase un número para o sorteo, por cada xoguete 5 números para participar.

Antes de marcharse do Estadio, o doante poderá asomarse ás primeiras filas de Tribuna Inferior para facerse unha foto de recordo da súa volta a #anosacasa xunto a un marcador que recolle os quilos de alimentos ou os xoguetes que doou para volver mostrar, co seu xesto solidario, o peso de #ANOSAFORZA.

“Colabora, un graiño de area teu, é un mundo para un necesitado”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia