HOXE SAE DE LA ROCHELLE, (FRANCIA) A “IX TRAVESIA O CAMIÑO A VELA” QUE CHEGARÁ A MUXÍA O 25 DE XUÑO E A MUROS Ó 28.

 

Un total de 20 veleiros, con arredor de 200 peregrinos, (aos que se irán sumando embarcacións na travesía), saen hoxe 6 de Xuño de 2024 dende a localidade francesa de La Rochelle, e percorrerán todo o Golfo de Vizcaia ata chegar a Santiago de Compostela, este derradeiro traxecto será por terra dende Vilagarcía de Arousa. 

 

 

Trala saida de hoxe xa mañán chegarán a Hondarribia e tras dous días de descanso e actividades poñerán rumbo a Bermeo, (10/06), para logo ir facendo etapacas e paradas en : Bermeo, Santurtzi, Laredo, Santander, Xixón, Ribadeo, Cedeira, A Coruña, e chegar o porto deportivo de Muxía, o máis importante da Costa da Morte, o vindeiro 25-26 de Xuño. Sairán de Muxía ó 27 para chegar a Muros, onde tamén terán un día de descanso e actividades, e de aí sair deica Ribeira e despois Vilagarcía, lugar dende onde rematarán a peregrinaxe a Santiago de Compostela pasando por Padrón.

 

O porto de Muxía ten moita afinidade co francés de La Rochelle, dado que son moitos os veleiros e iates que chegan dende a localidade francesa. Este porto é un dos grandes fabricantes de veleiros de todo tipo, en especial os catamaráns, e duarnte o ano teñen como parada de descanso, posta a punto das embarcacións e suministro de combustible e provisións. Son 400 millas as que separan en liña recta o porto francés e o muxián e os propios patróns profesionais que traen os barcos novos que levan aos seus propietarios por todo o mundo, teñen solicitado que sexa no porto deportivo Marina Muxía onde se lles faga a primeira proba de mar.

 

 

A Travesía “O Camiño a vela”, orgañizada por North Marinas, chega a sua novena edición e en todas elas recalou no porto da Vila da Barca. Todas as edicións teñen un fin común ademáis da peregrinaxe, na da pasada edición  colaboraron ca Facultade de Ciencias Biolóxicas e Ambientais da Universidade de León para calcular a “Pisada de Carbono” que tivo a travesía, e siguen nesta coa iniciativa solidaria “Todos contra o ELA”. Nesta ocasión a travesía está adicada as “Profesións azuis”, e tal como nos conta Mar Lucena, responsable de prensa da travesía : “Ao longo da IX Travesía, convidaremos a bordo a profesionais do sector para que nos falen do seu traballo e dar así visibilidade á gran oferta de emprego que brinda. Ademais, organizaremos actividades relacionadas co mar para involucrar aos nosos participantes. «Educación Azul» creouse para sementar a semente do mar na poboación nova, para que perciban o sector do mar como unha opción para o seu futuro profesional.Trátase de abrir unha «xanela ao mar» para que os nosos fillos poidan descubrilo e amalo e, deste xeito, mostrarlles as oportunidades de emprego no sector”.

A travesía ten variados fins, completar o camiño por mar, empaparse da cultura e gastronomía dos diferentes pobos e cidades nas que paran, diversión e amizade.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies