O Cabana defenderá unha ventaxe de dous goles.
A pasada fin de semana Cabana SD, SCDR Esteirana, US Cee e SD Sofán, xogaron a primeira eliminatoria polo título absoluto da costa e acceso a promoción. Neses encontros os cabaneses derrotaban por 2-0 aos esteiráns, namentras que os sofanistas vencía por 0-1 aos ceenses, polo que as espadas están por todo o alto na loita por un posto na finalísima para ver quen é o campión absoluto dos xuvenís da costa, e quen será o noso representante na promoción de ascenso a Liga Galega Xuvenil.
SD Sofán – UC Cee
Hora : 12:15
Campo : O Carral, (Sofán)
Árbitro : Óscar Rodríguez Santos
SCDR Esteirana – Cabana SD
Hora : 17:00
Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro)
Árbitro : Víctor Mirazo Insua
-Foto : Fernando Mato
-Texto : piratasdemuxia