HOXE SÁBADO E MAÑÁN DOMINGO VISITADE O “XIII MERCADO DAS RUTAS DO MAR” EN MUXÍA

 

Durante todo o día de hoxe sábado 10 de Agosto e mañán día 11 tes en Muxía unha das mellores festas que se celebran na Costa da Morte, o “XIII Mercado das Rutas do Mar”.

Un mercado no que hai mais de 100 posto a grande maioría de manxares da nosa terra e do noso mar que podes degustar a baixo prezo.

Un Km de mercado para disfrutar ademáis con música en vivo pola rúa e teatro, así coma postos de artesanía.

Nos estaremos un ano máis na Praza da Constitución coa nosa 2Taberna Pirata”, con xamón asado con patacas, pementos e os famosos “Bocadillos Matafame”. así como con cervexa, viño e bebidas espirituosas.

Non deixes de visitarnos e disfruta desta fenomenal festa.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es