Hoxe sábado e mañán Domingo terá lugar en Carballo o “I Torneo Internacional de Veteranos Costa da Morte”.

O venres foi a presentación oficial.

I Torneo Internacional de Veteranos “Costa da Morte”

Este venres presentado en Carballo o “I Torneo Internacional de veteranos Costa da Morte”. O clube de veteranos carballlés, Cances CF dá un paso adiante e organiza o primeiro torneo de veteranos da súa historia, tal e como xa vos vimos contando desde fai meses, unha cita deportiva que nace “con moita ilusión” e que promete converterse nun referente nos vindeiros anos. A competición celebrarase esta fin de semana antre hoxe 23 de Agosto de 2025 e mañán Domingo 24, no As Eiroas, campo do Bergantiños FC, (que colabora no evento xunto co Concello de Carballo, Carballo Deporte e varios locais carballeses), un escenario perfecto para acoller tanto aos xogadores como ao numeroso público que se agarda.

Un torneo por unha boa causa

Máis aló do deporte, o torneo ten un marcado carácter solidario, con Daniela a Asociación Princesa Rett, unha iniciativa que loita contra a enfermidade rara da síndrome de Rett. Sen dúbida, un motivo engadido para que xogadores, afección e veciñanza se volquen con esta festa do fútbol. “Xogaremos por elas, por dar visibilidade a sua loita e aportar o noso graiño de axuda”, dinos Yolanda Duarte.

“Gracias a cada uno de los equipos que se presentaron en la presentacion y gracias a todos los que nos apollan en nuestra I edicion y sobre todo la solidaridad que estan demostrando.. Gracias o Concello de Carballo e a Daniel concellal de deportes polo apollo demostrado. A nosa princesa Daniela e a sua familia pola sua asistencia todo este fin de semana”, comentan desde a orgañización.

Os equipos participantes

A competición estrutúrase en catro grupos de tres equipos cada un, con representación de clubs galegos, de fóra da comunidade e tamén de ex xogadores profesionais que aportan grandeza, experiencia e deportividade:

  • Grupo A: C. Deportivo Oza, Leyendas da Costa, Carballo-Bergan

  • Grupo B: C.F. San Román, Veteranos A Piña, Juventus de León

  • Grupo C: C.F. Cances (anfitrión), C.F. Rossonero, Zamora

  • Grupo D: Peloteros Granada, Atz. River Ourense, Deportivo da Coruña

Estrutura da competición

  • Sábado pola mañá: fase de grupos, con partidos continuos desde as 9:00 ata as 14:00 horas.

  • Sábado pola tarde: cuartos de final (16:30, 17:30 e 18:30).

  • Domingo pola mañá: semifinais e encontros de consolación (10:00, 10:45 e 11:30).

  • Domingo ao mediodía: finais polos postos do 5º ao 6º, 3º ao 4º e gran final polo título.

  • 14:00 horas: entrega de trofeos e premios individuais ao mellor porteiro e ao mellor xogador.

Ambiente e bochinche

A organización pensa tamén no público: haberá bochinche con churrasco, bocatas e bebidas, para que a xornada sexa tamén unha festa popular, perfecta para pasar en familia ou con amigos.

O traballo detrás do torneo

Tal e como conta Yolanda Duarte, integrante do Cances e cabeza visible da organización, “levamos un ano enteiro traballando para chegar a este día”. Un esforzo enorme que agora verá a súa recompensa cunha fin de semana chea de fútbol, convivencia e solidariedade. Coordina o evento con Yoli o evento a sua compañeira tamén do Cances, Rebeca Varela.

 O Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos “Costa da Morte” 2025 chega para quedarse: fútbol, amizade, solidariedade e festa nun mesmo evento.

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Información : A orgañización