HOXE SÁBADO ACTÚA NO “CABO DA VILA” DE MUXÍA “MOURAE” CO SEU ÚLTIMO TRABALLO MUSICAL E DE PERFORMANCE.

Caracterización de “Mourae”.

Na tarde de hoxe 7 de Xuño do 2025 actuará na “Praza do cabo da vila” o muxián Lois Búa Sambad, coñecido artísticamente como “Mourae” que é tamén o nome do seu primeiro traballo discográfico en forma de EP con 7 cancións. Música mitolóxica, galega electrónica vangardista, con mezclas con toques de reminiscencias a Evanescence e Enia e  cunha experienza artística impresionante. Abaixo podedes escoitar o seu extraordinario tema “Megalito”.

Todo naceu alá polo 2019 cunha serie de performances alcumadas Mitoloxías NPC1, deste muxián formado en artes plásticas e sonoras tralo seu paso estudiantil pola Universidade de Vigo no ramo das Belas Artes. Un ano antes, no 2018 foi galardoado co Premio Novos Valores da Deputación de Pontevedra, ano no que actouo no  Performance Crossing Fest, en Praga, dentro do Congreso Fugas e Interferencias celebrado entre Santiago e Pontevedra e na Residencia AcciónMAD (2019) en Columbiello, Asturias. estes foron os seus comezos e desde aquela non para de ofrecer o seu arte.

Fai unhas semanas Mourae tamén actuou na Cidade da cultura de Santiago acompañando a Elvi Balboa e o seu grupo de baile.

Mañán no “Cabo da vila”, (Muxía), tamén haberá baile contemporaneo da man de Elsa Pereira, dentro do programa cultural do Concello e Muxía. 

 

 

 

-Foto : Xesús Búa

-Texto : Xosé Búa “Pirata”