Chouri lidera os goleadores con 3 dianas.
O Dépor mide as súas forzas ante o Watford no primeiro test serio da pretempada.
O Deportivo da Coruña ten esta noite (20:45 hora galega) unha cita de nivel no seu calendario de preparación: enfrontarase ao Watford, equipo do Championship inglés, nun encontro que servirá para avaliar o estado real do cadro que dirixe Antonio Hidalgo. Tras dous amigables fronte a rivais de inferior categoría (Ourense e Compostela), e un primeiro ensaio ante o Famalicão (3-2) con só tres días de adestramentos, o duelo en Vicarage Road será a primeira pedra de toque seria da pretempada.
O partido, que poderá seguirse en directo e de balde pola canle de YouTube do club, forma parte da mini xira inglesa dos branquiazuis, que o sábado visitarán tamén ao Middlesbrough, outro equipo do fútbol profesional británico.
Para esta primeira proba en terras inglesas, Hidalgo desprazou a 25 futbolistas, incluído José Ángel, xa plenamente integrado na dinámica de grupo tras superar a súa lesión, pero con poucas opcións de xogar. Tamén está na lista Luis Chacón do que Hidalgo dixo, “vai a ter minutos pois é un xogador o que queremos ver e que non foi posible pola sua lesión nun nocello”.
Pola contra, quedaron en Abegondo Ximo Navarro, aínda con molestias musculares, e tamén Davo, (preto do Penafiel), Mfulu, Guerrero e Hugo Ríos, todos eles fóra da convocatoria por diferentes razóns físicas ou técnicas.
Kevin Sánchez cedido o Cartagena
No caso de Kevin Sánchez o clube anunciou esta mañán que vai cedido, ao FC Cartagena da 1ª RFEF. Un equipo que sería boa pedra de toque para o xove dianteiro de 20 anos para seguir curtíndose, xa que de quedar na plantilla correría o risco de ter moi poucos minutos o co coartaría a sua progresión, xa o propio rapáz o decía : “quero xogar para crecer, mellorar e volver sendo un xogador máis preparado para estar á altura do Dépor”.
Movemento no mercado
No apartado de fichaxes, La Voz de Galicia asegura que está pechada a incorporación do lateral esquerdo da Cremonese, Giacomo Quagliata, que asinará contrato ata 2028 e reforzará unha posición clave no esquema deportivista. En canto aos rumores, desde Aragón sitúan a Loureiro no radar do club, cun forte interese por parte do xogador en vestir a camiseta branquiazul, tal e como él mesmo apuntou. No mesmo caso parace estar o centrocampista Riki Rodríguez no Albacete.
Gragera podería estar viaxando a Londres
Desde Cataluña apuntan a que o Español e o Dépor teñen acordada a cesión de José Gragera, centrocampista de proxección, que chegaría á Coruña cunha opción de compra obrigatoria. Varios medios apuntan a que xa viaxa cara Londres para incorporarse a expedición do equipo.
-PRETEMPADA DEPOR 2025/26-
Deportivo 3-2 Famalicão (Yeremay (p), Luismi e Herrera)
-
SD Compostela 0-5 Deportivo: Chouri, (2), Bouldini, Rubén López e Crístian Herrera.
-
Ourense CF 0-2 Deportivo: (Chouri e Yeremay).
-
Watford-Deportivo: mércores 30 de xullo, ás 20:00 horas (hora galega), en Vicarage Road.(en directo en YouTube do RC Deportivo).
-
Middlesbrough-Deportivo: sábado 2 de agosto, ás 16:00 horas, (hora galega), en Riverside Stadium. (en directo en YouTube do RC Deportivo).
-
Deportivo-Real Oviedo: mércores 6 de agosto, ás 19:00 horas, no Estadio Pepe Barrera.
- Deportivo-Le Havre AC: “LXXX Teresa Herrera”; Sábado 9 Agosto a partires das 20:00 horas.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”