HOXE PRIMEIRO AMIGABLE DO DEPOR TELEVISADO POR YOUTUBE.

Os deportivistas levan 4 sesións de traballo.

 

Hoxe sábado terá lugar o primeiro amigable do Depor da pretempada 2022/23, será en Arteixo, enmarcado nas festas do Apóstolo da vila, e ante o Atlético Arteixo, a partires das 19:30 horas, e nél farase unha homenaxe ao gran Arsenio Iglesias, o noso adestrador de por vida.

Ambos equipos plantaranse no Ponte dos Brozos con moi poucas seisóns de traballo, pero o máis importante será sumar minutos de preparación para ambas escadras. 

A Peña “La Cuesta” ten preparada unha previa no seu local, na sua nova sede Bar & Grill 1906, na Praza Do, Rúa Seixedo, 1, en Oseiro. Para esta previa había que estar apuntado, e son moitos os que van a compartir deportivismo antes de ir o campo.

O choque será trasmitido pola canle do RC Deportivo en YouTube.

 

Troco do céspede de Riazor

Por outra banda o RC Deportivo e o Concello da Coruña, comezaron co troco do céspede de Riazor, que quedou totalmente destrozado, tralo festival “Morriña Fest” da pasada semana.

O Emma Cuervo ante o Real Oviedo

O Deportivo ABANCA xogará contra o Real Oviedo o II Trofeo Emma Cuervo en categoría feminina. Será o domingo 28 de agosto a partir das 18:00 h. no Campo de Fútbol Municipal Pepe Barrera, organizado polo equipo local, o Ribadeo FC.

Este será o penúltimo partido amigable da pretemporada do equipo Deportivista, que arrincará o sábado 6 fronte ao Valadares Gaia FC portugués. Con posterioridade medirase a SD Eibar (mércores 17), Viaxes Interrías FF (domingo 21), Real Oviedo (domingo 28) e Athletic Club B (sábado 3 de setembro). Ademais, tamén disputará o X Trofeo Teresa Herrera no Estadio ABANCA-RIAZOR.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia