Hoxe 16 de xullo de 2026 o deportivismo está chamado a unha manifestación que arrancará desde a Praza de Pontevedra, (lugar da xuntanza), para despois camiñar xuntos en manifestación ata a sede de ABANCA proxima a praza na que durante moitos anos estivo a sede principal do clube, hoxe en día trasladada as instalacións de Abegondo.
Todo o que parecía unha tempada de ilusión e unión pouco vista no fútbol español converteurse ca nova campaña de abonos nunha era de malestar e desasosego antre o deportivismo. Todos sabíamos que ía haber unha subida considerable dos abonos da do que en Segunda División no é que se estivera pagando moito, pero moitos non esperaban que fose tan grande. Esta é unha das protestas da afección, pero a maior é a do trato discriminatorio ca Grada de General, (os nostálxicos seguimos chamándolle así), a que desde fai uns anos se chama Maratón Inferior. Ter que ir de maneira presencial xa era contraproducente para os soios de lonxe da Coruña, (gran maioría), feito no que o clube tras escoitar as protestas trocou para que se puidese facer online, pero cun matíz, hai que asinar unhas “normas particulares”, (11 en total), que son coma leer a letra pequena dun contrato de seguro dun vehículo, desas que se firman sen saber o que firmas. Neste caso mantense todo e tras renovar online o carnet non será validado ata ir firmar de maneira presencial eso, a validación.
Por todo isto a Federación de Peñas do RC Deportivo e as peñas non federadas, Riazor Blues e Old Faces convocaron primeiro unha asemblea o pasado 9 de xullo a carón da emblemática Torre de Maratón a que se achegaron máis dun milleiro de deportivistas, e hoxe convocan unha manifestación que sairá da Praza de Pontevedra en torno ás 20:00 horas e para a que fan un chamamento a todo o deportivismo, os que son socios de General e aos demáis para pedir a eliminación desas normas discriminatorias co resto de gradas e que non teñen sentido.
Esperamos e desexamos que o clube sepa saber quen é o importante neste clube, a afección, e recuen e volte a normalidade que é o que precisamos para seguir crecendo coa nova etapa na Primeira División.
Hoxe…todos a Praza de Pontevedra!!!…
–
-Foto : Federación de Peñas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–
