Hoxe o Depor pon fin a xira polo extranxeiro co encontro en Xénova.

Derradeiro encontro dunha xira que comezou en Alemaña co encontro ante o Sankt Pauli, (2-2), pasou por Florencia xogando ante a potente Fiorentina, (1-1), e rematará na tarde-noite de hoxe co enfrontamento en Xénova ante o Génoa a partires das 20:45 horas no Stadio Luigi Ferraris, televisado pola TVG2 e pola canle de Youtube do RC Deportivo.

Baixa o nivel do adversario con respecto a Fiore pero é un equipo de metade da táboa do Cálcio, típico equipo italiano rochoso e que a pesares de caer por 10-1 no seu derradeiro amigable ante o Bournemouth nun choque que tivo 4 tempos de media hora.

Tras este encontro o equipo voltará a Coruña para seguir cos adestramentos no Depor Center Training de Abegondo e preparar o derradeiro amigable da pretempada co Teresa Herrera o mércores 12 de agosto a partires das 21:00 horas, para logo xa ir preparándose para o inicio de liga o luns 17 de agosto en Riazor ante o Elxe, (21:00 horas).

Un pouco de historia do Genoa

O Genoa Cricket and Football Club, que é o seu nome, é un dos equipos con máis historia de Italia, fundado por ingleses en 1893 e considerado o club de fútbol italiano máis antigo. O equipo, coñecido como Il Grifone (o Grifo), ten unha gran tradición e unha afección moi apaixonada, especialmente no famoso derbi da cidade contra a Sampdoria.

O seu estadio é o Stadio Luigi Ferraris, situado no barrio de Marassi. Inaugurado en 1911, é un dos estadios de fútbol máis antigos que continúan en uso en Italia. Ten unha arquitectura moi característica e unha atmosfera especial, xa que está integrado no medio da cidade. Actualmente ten capacidade para algo máis de 33.000 espectadores e é compartido co seu gran rival local, a Sampdoria.

-Foto : Wikipedia

-Texto : Xosé Búa “Pirata”