Hoxe o Depor disputará o “Trofeo Concello de Vilalba” ante o Lugo antes de arrancar a xira de amigables no extranxeiro.

Terceira pachanga de adestramento

O Depor disputa esta tarde (19:30 horas) o seu terceiro amigable da pretempada e faino nun escenario con moito simbolismo nas pretempadas dos nosos. O estadio da Magdalena, en Vilalba, será o escenario do derbi fronte ao CD Lugo, pero tamén da emotiva volta de Diego Villares á súa vila e ao campo no que comezou a construír o soño que o levou a vestir a camisola branquiazul e a converterse nun dos capitáns e referente do club. O “Mago de Samarugo” xa foi homenaxeado fai unhas semanas no seu tempo de vacacións tanto pola peña deportivista de Vilalba coma polos seus veciños.

Para o centrocampista samarugués será un encontro especial. Volverá pisar o céspede onde deu os seus primeiros pasos antes de iniciar un camiño que o levou ata Riazor, gañándose o cariño da bancada deportivista e escribindo xa páxinas importantes na historia recente do Depor.

Baixas no conxunto deportivista

Seguras : David Mella, Miguel Loureiro, Yeremay, Alti e Noé. Todos eles no derradeiro treito das suas recuperacións e algúns coma Loureiro ou Mella entrando progresivamente no grupo.

Posibles : Bright Ede e Asp Jensen, ambos con molestias típicas de pretempada.

Prezo das entradas e como compralas

O choque terá en disputa o Trofeo Concello de Vilalba e para velo en direto na Magdalena os maiores de 16 anos terán que aboar 18€, namentras que os menores de 16 custaralle a entrada 10€. Os nenos menores de 4 anos non pagan entrada. AQUÍ TES o enlace para comprar as entradas online.

No plano deportivo, o equipo de Antonio Hidalgo continúa coa súa posta a punto. Despois do contundente triunfo ante a SD Compostela (0-4) e do empate sen goles fronte ao Real Oviedo, o choque diante do Lugo servirá para seguir acumulando minutos, probar variantes e continuar collendo ritmo antes de afrontar retos de maior esixencia.

En direto por televisión e Youtube

Este encontro e os que restan de pretampada poderanse seguir en direto pola primeira canle da TVG e tamén a través da canle oficial de YouTube do Deportivo, para os que non poidan velo ola televisión ou que estén fora de Galicia, como sucederá co resto dos amigables da pretempada.

Xira por Alemaña e Italia

Este compromiso marcará ademais o final dos partidos en Galicia antes de que os nosos fagan as maletas para iniciar a súa xira internacional. A primeira parada será este sábado en Hamburgo, onde se medirá ao mítico FC St. Pauli. Despois chegarán dous históricos do fútbol italiano, a Fiorentina e o Genoa, antes de regresar a Riazor para pechar a preparación co Trofeo Teresa Herrera fronte ao Real Madrid, esixencia que, (temos que dicilo), nos parece inoportuna e innecesaria a 3 días do comezo da liga.

A Magdalena será esta tarde moito máis ca un campo de fútbol. Será o lugar onde un capitán regresa ás súas orixes e onde o Dépor afronta o último ensaio antes de medir as súas forzas lonxe de casa.

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : RC Deportio