Hoxe o Depor enfrontarase nun novo encontro amigable de preparación a un equipo co que garda similitudes con respecto a afección, o FC Sankt Pauli un dos clubs máis singulares e carismáticos do fútbol mundial.
Fundouse en 1910 no barrio de St. Pauli, en Hamburgo, aínda que durante gran parte da súa historia foi un equipo modesto, alternando entre categorías e sen un gran palmarés deportivo.
A súa verdadeira lenda naceu nos anos 80. Mentres outros estadios alemáns sufrían a presenza de grupos hooligans e de extrema dereita, o Millerntor encheuse de estudantes, punks, artistas e veciñanza do barrio que fixeron do club un símbolo de antifascismo, antirracismo, igualdade, inclusión e defensa dos dereitos LGTBIQ+. Esa identidade acabou sendo asumida oficialmente polo propio club.
O seu emblema máis recoñecible non é o escudo, senón a bandeira pirata máis coñecida a Joly Rogers, adoptada polos seareiros a finais dos anos 80 e convertida nun símbolo coñecido en todo o mundo. Hoxe vése en camisolas e bufandas mesmo entre persoas que non seguen habitualmente o fútbol.
O estadio, o Millerntor, é famoso polo seu ambiente: bancadas cheas de bandeiras piratas, música, mensaxes reivindicativas e unha afección que entende o fútbol como parte da vida social e cultural do barrio de St. Pauli, moi preto da coñecida Reeperbahn.
No deportivo, o St. Pauli nunca foi un xigante. O seu maior éxito foi consolidarse como un “club de culto”, poucas tempadas na Bundesliga, pero unha enorme proxección internacional grazas á súa filosofía e á fidelidade da súa afección.
Este ano buscará volta a máxima competición alemana, da que descendeu a pasada tempada na derradeira xornada de maneira cruel no seu estadio, tras dous anos seguidos nela, polo que será xa un encontro esixente ante un equipo feito para ascender.
O amigable de hoxe fronte ao Depor enfronta dous clubs que comparten algo máis ca unha camisola histórica: ambos contan con afeccións moi identificadas cos seus equipos e un forte sentimento de pertenza. Aínda que o Dépor ten unha historia deportiva moito máis laureada, o St. Pauli é un exemplo de como un club pode converterse nun fenómeno cultural que vai moito máis alá dos resultados sobre o céspede, tendo máis orgullo polo seu ca os equipos de grandes ligas que amasan títulos e títulos.
O Millerntor Stadion, ten unha curiosidade, ten 29.546 localidades das que19.940 son de pé e 12.606 con asentos e conta con 39 palcos.
O seu nome en galego sería Estadio “Porta dos muiños”, porque era unha das entradas occidentais á cidade de Hamburgo entre os séculos XVII e XIX, e recibía ese nome porque conducía cara á zona onde había varios muíños de vento fóra das murallas, no que hoxe é o barrio de St. Pauli.
St Pauli-Depor
Data : Sábado, 01/08/2026
Hora : 18:30 horas
Campo : Millerntor Stadion, (Hamburgo-Alemania)
Tv : TVG e Canal YouTube do RC Deportivo
–
-Fotos : Google Images
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–

