HOXE MÉRCORES UN ENCONTRO NA 1ª GALICIA GRUPO 2B, CO CD BAIO QUE PODE FIRMAR A PROMOCIÓN, E DOUS NA PREFERENTE NORTE CO UD PAIOSACO, SD FISTERRA E SD O PINO, BUSCANDO O MESMO.

A pasada xornada foi redonda para o CD Baio.

 

1ª Galicia Grupo 2B

CD Baio e Corme CF xogan na tarde de hoxe, mércores 9 de Marzal, no “Platas Reinoso”, (Baio), a partires das 20:30 horas, coa arbitraxe de Diego Cedeira Méndez, o encontro adiado por problemas de COVID-19 na 15ª xornada, un choque de vital importanza para o CD Baio, que de gañar firmará a sua participación na promoción de ascenso, de non facelo, ainda ten outra bala na recámara co encontro de liga na derradeira xornada, o vindeiro Domingo 13 de Marzal no que visita no “Eleuterio Balayo” ao Volantes de Baño FC dende ás 16:30 horas.

A outra praza de promoción, estará en xogo antre o SD Tordoia, (3º), con 31 puntos, e o CF Mazaricos, cos mesmos puntos cos tordoieses, pero fora do pase ao “Play-off”. Os de Tordoia reciben nos “Gorcullos” ao CD Belvís dende ás 16:30 horas do vindeiro Domingo, e os de Mazaricos visitan ao Ponteceso SD tamén o Domingo, a mesma hora no “Pinguel”.

Preferente Norte Grupo 1A

Dous encontros e 3 equipos que se xogan gran parte das suas aspiracións a entrar na promoción de ascenso. Este é o gran menú para esta tarde-noite na Preferente Norte 1A. O mellor situado o UD Paiosaco, con 34 puntos, terá en fronte ao Agrupación Estudiantil, (se se presenta, xa que non sería a primeira vez), na “Porta Santa” a partires das 20:30 horas ca arbitraxe de Javier Pérez Malvido. Unha vitoria dos de Peisaco, deixaría practicamente selado o pase a promoción, con duas xornadas por xogar para finalizar a 1ª fase deste torneo.

Chispas van a saltar no “Arasolis”, pois o equipo que marca os postos de promoción de ascenso é o SD O Pino, con 32 puntos, un máis cos fisterráns, que de gañar desbancarían ao seu rival dete posto e dependerían deles mesmos nas duas xornadas que restan para o final da 1ª fase. O choque comezará ás 20:30 horas, coa arbitraxe de Pedro Castro Gómez.

-Foto : CD Baio Instagram

-Texto : piratasdemuxia