Hoxe mércores día 13 imos terá lugar unha reunión por videoconferencia con todos os clubs galegos de Segunda División B e Terceira División. A de 2ª B será ás 20:00 horas e a de 3ª ás 21:00. En ámbalas duas reunións estará presente o presidente dá a Real Federación Española de Fútbol, Luís Rubiales. As reunións foron solicitadas polo presidente da Federación Galega, Rafael Louzán, co obxectivo de escoitar as opinións de todos os clubs, e aclarar todas as dúbidas que poidan ter con respecto aos acordos adoptados pola Comisión Delegada da RFEF, referentes ao desenlace das competicións.
Segundo nos comenan dende o Gabinete de Comunicación da RFGF : “Louzán móstrase moi agradecido ao presidente da RFEF por responder afirmativamente a esta solicitude e estar a plena disposición dos clubs galegos”.
-Foto : RFGF
-Texto : piratasdemuxia.es/Gabinete de comunicación da RFGF.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.