Hoxe mércores 3 de agosto ás 18:00 horas presentación da nova Escola Tecnificación de porteiros das Escolas Luis Calvo.

José Sambade será o coordinador da escola.

Hoxe mércores 3 de agosto ás 18:00 horas presentación da nova Escola Tecnificación de porteiros.
O acto terá lugar no Estadio Municipal de As Eiroas e estarán presentes o presidente Luciano Calvo, Jesús Capelán Responsable Base, David Iglesias coordinador e José Sambade o que será coordinador e responsable da Escola TEC Porteiros. 
José Sambade, doctorando no programa de Saúde e Motricidade Humana polo INEF Galicia, é responsable do entreno de porteiros da Selección Española de Fútbol (2021-22),cargo que tamén ocupou no 2019-2020 no primeiro equipo do AS Monaco (Francia), 2017 – 2019 Fulham FC (Inglaterra,Championship League + Premier League), entre outors clubes, así como tamén no RC Deportivo.

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : Comunicación Bergantiños FC