Enlace para seguir a charla-coloquio : https://www.youtube.com/watch?v=sLYGaZhbXrY
O Comité Galego de Adestradores e o Departamento de Comunicación da RFGF volven á carga. Tras o éxito das tres primeiras xornadas a RFGF repetirá o formato e organiza este martes 7 de abril outra xornada online centrada desta vez no fútbol sala na que participarán Jesús Velasco, ex adestrador do Inter Movistar, e Jorge Braz, actual seleccionador de Portugal e vixente campión de Europa. A xornada arrincará en directo na nosa canle de Youtube a partir das 19.30 horas.
Jesús Velasco, líder dun equipo histórico
Jesús Velasco anunciou o ano pasado súa despedida do Movistar Inter. O técnico toledano deixou o equipo tras sete tempadas nas que o devolveu todo o máis alto. Un total de 346 partidos, con 260 nos que conquistou dúas UEFA Futsal Cup, cinco Ligas, tres Copas de España, unha Copa do Rei e tres Supercopas. Unha época brillante que fixo que este equipo púidose comparar coa Máquina Verde. Velascoi foi recoñecido, ademais, ata en tres ocasións como mellor adestrador da competición e ata cinco veces como mellor técnico do planeta.
Jorge Braz, o vixente campión de Europa
Jorge Braz é o actual campión de Europa coa selección portuguesa liderada por Ricardinho. O técnico luso comezou a súa carreira deportiva xogando ao fútbol no Chaves da Primeira División e descubriu o 40×20 durante a súa etapa universitaria.
Braz foi elixido mellor seleccionador do mundo por segundo ano consecutivo e leva desde 2011 á fronte das seleccións nacionais de fútbol sala no país veciño. Braz conquistou o título europeo no 2018 tras dobregar na gran final a España.
En directo na nosa canle de Youtube
A xornada online “Falemos de Fútbol Sala con Jesús Velasco e Jorge Braz” comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol (Canle da RFGF).
Tamén haberá unha ligazón nas nosas redes sociais para poder seguir a xornada.
-Foto e Texto : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.