HOXE ESTREASE EN RIAZOR O NOVO DEPORTIVO FEMININO DE MIGUEL LLORENTE.

 

O novo Deportivo Feminino estréase hoxe Domingo 8 de agosto nesta pretemporada cunha das súas citas grandes, a IX edición do Trofeo Teresa Herrera Feminino, en Riazor ás 17:30 horas.

O rival será o Valadares Gaia FC, un club da localidade de Vila Nova de Gaia, moi preto de Porto. O equipo finalizou na décima praza o campionato portugués de primeira división 2020-2021, ao non poder entrar na loita polo título á que accederon as oito mellores da primeira fase e liderar o grupo Norte pola permanencia da segunda fase da Liga BPI.

Miguel Llorente, que tamén se estrea como técnico das deportivistas, citou a 20 futbolistas, entre elas as canteirás Tati, Aroa Guerra, Marta Rico, Paula Monteagudo, María Figueroa e Noela Sánchez.

Quedan fóra por problemas físicos Alba Merino e Carlota Sánchez, ambas as dúas con molestias nun xeonllo; e Eva Dios, afectada dunha infección de garganta.

O choque será retransmitido en directo pola canle de YouTube do Real Club Deportivo 

 

Mini Trofeo Teresa Herrera

A final do Trofeo Mini Teresa Herrera na que se enfrentarán o Benxamín A do RC Deportivo e o Ural Español CF xogarase no mediocampo máis próximo á bancada de Pavillón. Será a partires das 15:30 horas.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies