HOXE É O DÍA…HOXE É A NOITE…

 

 HOXE É O DÍA…HOXE É A NOITE QUE TODO SE DECIDE…

A previa deste encontro tan crucial para o futuro do clube é moi doada de facer. Hoxe é o día, hoxe é a noite, na que todo se decide, a derradeira final, a verdadeira, tras esta para esta tempada xa non hai máis finais, pois esta é na que todo se acababa e o mesmo tempo é na que todo empeza.

Fai xusto un ano, na noite de hoxe presentábanse a nova vestoimenta do bus do equipo, cunha referenza o lume de San Xoán e na noite do propio San Xoan, con todo o que iso representa en Galicia. Antre as camisetas a de “Meigas Fora”, a vermella a que representa o lume e a noite meiga. Parece que foi unha premonición e nesta mesma noite poderá arder o meigallo e voltar de novo a máxima categoría.

Un empet, unha vitoria, ou unha derrota por 1 gol de diferenza, separan o noso Depor de voltar. Un só gol pode significar moito, esa é a previa e o análise do encontro.

Meigas Fora!!!…Forza Depor!!!…

 

Mallorca Vs Depor

Campo : Son Moix

Hora : 21:00, (19:00 GMT)

Árbitro : Pizarro Gómez

Dato : En caso de empate ao final do encontro iríase a prórroga, se persistise o empate non se iría a penaltis senón que ascendería o mellor clasificado na liga, neste caso o Mallorca.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es