HOXE DOMINGO 28 DE XULLO COMEZA A “XXXI COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA”

 

CADRO DE ENFRONTAMENTOS

Tódolos encontros ás 19:00 horas, agas o Miño-Maniños, e Imperator-Boimorto, que serán ás 20:00horas, e o Sporting Ciudad-Brexo Lema, (17:00) e ás 19:30 : Praiña-Val do Ulla, Bastavales-Negreira e Torodia-Dubra.

Os encontros dos equipos da costa todos ás 19:00 horas.

 

Así será a Copa DEPUTACIÓN 2019 

Hoxe Domingo 28 de Xullo terán lugar a Primeira Eliminatoria, onde participarán todos os conxuntos de Primeira Galicia (33 equipos) e 11 equipos de Preferente Galicia, emparellándose na medida do posible entre equipos da mesma comarca, quedando exentos 2 equipos de Preferente Galicia, 7 equipos de Terceira División e 1 equipo de Segunda División “ B”.
O 31 de Xullo os gañadores da primeira eliminatoria disputarán os Dezaseisavos de Final, onde incorporaranse os equipos exentos da primeira rolda. Tentarase ata onde sexa posible que os equipos da Primeira Galicia mídanse a un de categoría superior no campo dos primeiros.
O 4 de Agosto disputaranse os Oitavos de Final, sendo os Cuartos de Final o 7 de Agosto. As Semifinais están previstas para o 11 de Agosto.
Todas estas eliminatorias serán por sorteo, disputándose no caso de que o houbese no campo do equipo de menor categoría.
A gran Final da Copa Deputación da Coruña 2019 terá lugar o 14 de Agosto, en horario e sede aínda por determinar.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies