O encontro de hoxe no Carballiño a partires das 19:30 horas, (17:30 GMT), no campo de Espiñedo ante o CD Arenteiro, equipo que tamén milita no grupo 1º de Primera Federación, valerá para pechra os amigables de pretempada a unha semana de que comece a liga. Os deportivistas teñen como principal obxetivo trocar a mala imaxe amosada en Ponferrada o pasado martes ante a Ponferradina, (2-0), que supuxo ademáis dunha derrota, desilusión polo mal xogo ofrecido. O partido, poderase seguir por YouTube na canle oficial do Club.
O equipo de Iamnol Idiakez chega cas baixas de Yeremay e Paris Adot, ambos con problemas musculares dende fai unha semana. Xa non estiveron tampouco en Ponferrada. Mella, Jairo, Martín Ochoa, Diego Gómez, Marc e Nájera representarán a canteira na convocatoria de 23 futbolistas.
A dirección deportiva ten varios xogadores apalabrados a espera de decisións de equipos de ligas superiores. Cóntase que fallan por chegar 3 ou 4 xogadores.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”