Segundo encontro de pretempada hoxe sábado 27 de xullo, fronte ao Racing de Ferrol no campo de “Cantarrana” en Viveiro. Será a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT), televisado en direto pola canle de Youtube do clube, (rcdeportivo). No mesmo porase en xogo o “Trofeo 25 Aniversario da Peña Deportivista de Viveiro”, cuxos actos conmemorativos iniciáronse onte martes 23 de xullo coa inauguración dunha exposición sobre o seu cuarto de século de vida. A Sala Municipal da Praza Maior de Viveiro acolle a mostra, desde o pasado martes até hoxe.
TODA A PRETEMPADA DO DEPOR
Mércores 24 de xullo : Depor 2-0 Fabril, (Crístian Santos e Mujaid)
Sábado 27 de xullo : 19:00 horas, (17:00 GMT) : “Cantarrana”, (Viveiro), Deportivo-Racing de Ferrol
Mércores 31 de xullo : “Pasarón”, (Pontevedra), 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Tenerife; 22:00 horas, (20:00 GMT) : Pontevedra-Deportivo
Sábado 3 de agosto : “A Magdalena”, (Vilalba), Deportivo-SD Ponferradina
Sábado 10 de agosto : “Estadio de Riazor”, 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Real Betis.
Xa sabes que na canle de Youtube do clube, (rcdeportivo), podes ver os encontros en direto do equipo e logo en diferido, tamén nos nosos “Vídeos Recomendados”, así coma tódoloos que colga o RC Deportivo.
-Datos e foto de rcdeportivo.es-
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es