HOXE DEPOR-UNIONISTAS TELEVISADO POLA CANLE DE YOUTUBE DO RC DEPORTIVO.

 

Hoxe mércores 7 de agosto (19:00 horas-17:00 GMT), o Depor xoga o seu penúltimo encontro de pretempada que será fronte ao Unionistas de Salamanca CF no “Campo de La Veigona”, en Luarca (Asturias). Será o penúltimo antes do arranque ligueiro, e estará en xogo o “XX Trofeo Ramón Losada”. O encontro coma os anteriores será televisado en direto pola canle do RC Deportivo, onde quedará rexistrado para poder ver en diferido cando queiras, ao igual ca nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo na portada da web.

O Luarca CF, organizador do encontro, fixou uns prezos para o encontro por se vos interesa para os que andedes pola zona e vos apeteza ir de : 

-Tribuna: 15 euros
-Xeneral: 10 euros
-Entrada xuvenil (até 18 anos) : 5 euros
-Menores de 12 anos de balde

 

TODA A PRETEMPADA DO DEPOR

Mércores 24 de xullo : Depor 2-0 Fabril, (Crístian Santos e Mujaid)

Sábado 27 de xullo : 19:00 horas, (17:00 GMT) : “Cantarrana”, (Viveiro), Depor 1-1 Racing de Ferrol, (Borja Valle)

Mércores 31 de xullo : “Pasarón”, (Pontevedra) : Deportivo 2-1 Tenerife; Pontevedra 0-0 Depor

Sábado 3 de agosto : “A Magdalena”, (Vilalba), Depor 1-0 SD Ponferradina

 

Mércores 7 Agosto : “XX Trofeo Ramón Losada”, Campo “La Veigona”, (Luarca-Asturias), 19:00 horas, (17:00 GMT) : Depor-Unionistas, (Salamanca).

 

Sábado 10 de agosto : “Estadio de Riazor”, 21:00 horas, (19:00 GMT) : Deportivo-Real Betis.

 

Xa sabes que na canle de Youtube do clube, (rcdeportivo), podes ver os encontros en direto do equipo e logo en diferido, tamén nos nosos “Vídeos Recomendados”, así coma tódolos que colga o RC Deportivo.

 

GOLEADORES DA PRETEMPADA

Borja Valle : 2

Crístian Santos : 1

Mujaid : 1

Aketxe : 1

Borja Galán : 1

GOLES RECIBIDOS

Koke Vegas : 2

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies