HOXE DENDE AS 19:30 HORAS SERGIO GONZÁLEZ E EUSEBIO SACRISTÁN NAS CHARLAS-COLOQUIO DO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES E A RFGF, (ENLACE) :

 

Cando sexa a hora preme no vídeo para seguir a charla-coloquio, (na que podes participar no chat), de Sergio González e Eusebio Sacristán, cos internautas, (sen rexistro na canle), orgañizado polo Comité de Adestradores Galegos e o Gabinete de Comunicación da RFGF.

 

Abriron estas charlas, Paco Jémez, Miroslav Djukic, que falaron de fútbol. Bruno García, e Miguel Rodrigo falaron de Fútbol Sala…e hoxe venres dende ás 19:30 horas : Sergio González e Eusebio Sacristán, falarán de fútbol.

O Comité Galego de Adestradores e o Departamento de Comunicación da RFGF volven á carga. Tras o éxito das dúas primeiras xornadas que tiveron lugar fai unha semana coa participación de Miroslav Djukic, (adestrador do Sporting de Gijón) e Paco Jémez (técnico do Rayo Vallecano), e o martes pasado, co Fútbol Sala como protagonista con Bruno García, seleccionador de Xapón, e Miguel Rodrigo, actual director deportivo de fútbol sala da Federación Andaluza, este venres regresan as Xornadas ON-LINE coa participación de dous técnicos de Primeira División.

 

Un ex deportivista mundialista en Pucela

Sergio González acumula unha longa traxectoria no mundo do fútbol tanto como xogador como adestrador, o que lle outorga un profundo coñecemento do funcionamento dun vestiario de elite. O comezo de ambas as etapas da súa carreira están ligados ao RCD Espanyol. No verán de 1997 converteuse en futbolista do primeiro equipo do conxunto perico tras varios anos no filial. Despois de catro tempadas no Espanyol, en 2001 fichou polo RC Deportivo, onde militou nove anos e cumpriu o soño de vestir a camiseta da Selección Española. Sergio González foi un dos 25 seleccionados por J.A. Camacho para disputar o Mundial de Corea e Xapón de 2002. O catalán retirouse no ano 2011, unha tempada despois de deixar o RC Deportivo e incorporarse ás filas do Levante.

A carreira como adestrador de Sergio González iniciouse na tempada 2013/14, cando se fixo cargo do RCD Espanyol B tras un ano exercendo de segundo adestrador no propio filial branquiazul. Á súa vez, o técnico asumiu o papel de Seleccionador de Cataluña. Do mesmo xeito que lle ocorreu na súa etapa de futbolista, Sergio González deu o salto ao primeiro equipo do Espanyol na tempada 2014/15. Tras un ano e medio no banco perico, o adestrador volveu ocupar o banco da Selección Catalana durante a tempada 2016/17.

En abril de 2018, Sergio González aterrou no banco do Real Valladolid. O equipo vallisoletano ocupaba a 12ª posición de Liga na Segunda División e a falta de oito xornadas o adestrador catalán conseguiu meter ao conxunto blanquivioleta nos postos de playoffs. Neles, tras derrotar ao Real Sporting de Xixón e ao CD Numancia, Sergio González logrou o ascenso á Primeira División LaLiga Santander. 

 

Membro do Dream Team e con pasado no RC Celta

Eusebio Sacristán, deportivamente coñecido como Eusebio, é un ex futbolista e adestrador español. Desenvolveu a súa etapa como futbolista entre os anos 80 e os anos 90, sumando 543 presenzas en Primeira División. Os seus comezos foron no Real Valladolid para despois asinar co Atlético de Madrid. Malia todo, a súa etapa máis gloriosa foi no Fútbol Club Barcelona. Co club azulgrana, Eusebio gañou 4 Ligas, 1 Copa do Rei, 3 Supercopas de España, 1 Recopa, 1 Supercopa de Europa e, sobre todo o título máis destacado, a Copa de Europa de Wembley ante a Sampdoria en 1992. Antes de regresar ao Real Valladolid Eusebio tamén vestiu a camisola do RC Celta.

Comezou a súa carreira como adestrador en 2009 no Celta de Vigo. Tamén Foi membro do staff de Frank Rijkaard no primeiro equipo do Barça, dirixiu ao FC Barcelona B, á Real Sociedade (xogando competición europea) e ao Girona FC.

 

En directo na canle de Youtube da RFGF

A xornada online “Falemos de Fútbol desde casa” con Sergio González e Eusebio Sacristán” comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol.

Arriba tes a ligazón da canle de YouTube da RFGF para poder seguir a xornada de hoxe.

 

-Foto e Vídeo : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.