Hoxe a partires das 16:00 horas comeza en Lezama o curso para o Deportivo Feminino. Repite de incio en terras bilbainas o clube deportivista, como xa o fixera o pasado ano traéndose unha histórica vitoria.
Para Manu Sánchez, adestrador das rapazas branquiazuis este é un encontro : :”de máxima esixencia, ante un equipo bastante renovado que tivo algunhas baixas como nós. É un equipo sempre aguerrido, con moito perigo nos balóns aéreos e no xogo rápido aos espazos. Imos tentar contrarrestar iso”.
Decía Manu que sobre o equipo que : “fisicamente chegamos en bo ton. Si é certo que non todas as xogadoras por igual, porque tivemos algúns contratempos durante esta pretemporada”. Caso destacable o de Helena Torres que pro problemas musculares non será da partida.
Para o adestrado deportivista o equipo este ano : “gañou en fortaleza física en todas as liñas. Podemos ver a un Deportivo ABANCA máis aguerrido e máis forte cando os partidos nos pidan iso”. Iso si, avisa que “aínda non estamos no noso nivel de fútbol, de creatividade, desa alegría que temos con balón. Aínda nos falta traballo, pero as vimbias están aquí para poder conseguilo”.
Amigable do Depor en Carballo
Esta tarde a partires das 19:00 horas o Depor visita o Municipal das Eiroas no Polígono Industrial de Carballo, co mesmo nome co campo, para enfrontarse ao Bergantiños CF de José Luis Lemos. Dous equipos de diferente categoría pero ambos co obxetivo do ascenso. O encontro terá nas bancadas 200 siareiros, socios do club bergantiñán e será televisado polo RC Deportivo na sua canle de YouTube. Fai uns días o clube carballés xogaba un amigable contra o Fabril que acababa con empate a ceros, (0-0). Para o Depor o terceiro amigable tras haber xogado contra Racing Vilalbés, (0-3) e contra o CSD Arzúa, (5-0). O seguinte será o vindeiro día 10 de Outubro en Riazor contra o Valladolíd Promesas do Grupo 1 da 2ª B e que podería ser rival dos deportivistas na segnda fase desta complicada e enrebesada 2ª B con 102 equipos.
-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia