Hoxe martes 16 de Xullo do 2024, “Día do Carme”, terá lugar a partir das 15:30 horas no Iver Park de Belfast, (Irlanda do Norte), terá lugar o debút da Selección Española, polo tanto o do deportivista David Mella, no Europeo Sub 19. Un campionato no que Dinamarca, Francia e Turquía son os rivais dos españois na fase de grupos. Os encontros serán televisados en direto pola canle TDP e a web de Televisión Española.
O calendario de partidos de España é o seguinte:
Martes 16 de xullo
15:30: DINAMARCA – ESPAÑA, en Iver Park (Lane)
Venres 19 de xullo
19:00: TURQUÍA – ESPAÑA, en Seaview (Belfast)
Luns 22 de xullo
19:00: ESPAÑA – FRANCIA, en Iver Park (Lane)
Os dous primeiros de grupo pasarán a semifinais, que se celebrarán o 25 de xullo antes da final, prevista para o domingo 28 de xullo no National Football Stadium de Belfast.
A Selección Española Feminina en Riazor
Hoxe a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT), a Selección Española Feminina absoluta xogará en Riazor, (televisado por TVE 1), un encontro de clasificación para o europeo ante Béxica. O encontro terá un trasfondo sentimental xa que serán homenaxeadas as que formaron o Karbo Deportivo, equipo semente do fútbol feminino en Galicia e un dos mellores de España no seu tempo. Tamén serán homenaxeadas as 3 xogadoras da selección que levan xogado máis de 100 enocntros coa “roja”, que son, Alexia Putellas, Jenny Hermoso e Irene Paredes.
No combinado español que xogará con este o derradeiro encontro antes de ir as olimpiadads de París, conta nas suas filas con varias ex deportivistas como é o caso de Teresa Abelleira, que fora capitana do Deportivo Feminino.
-Foto : RC Deportivo/RFEF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”