HOXE CÚMPLENSE 60 ANOS DO “DÍA DAS LETRAS GALEGAS” E 54 QUE SE LLE ADICOU O MUXIÁN DON GONZALO LÓPEZ ABENTE.

Inauguración da estatua a Don Gonzalo Lopez Abente, (17/05/1971).

 

Hoxe é o gran día da literatura galega, o “Día das Letras Galegas”, que cumple o seu 60º aniversario, e que fai 54, no 1971, foille adicado a Don Gonzalo López Abente, “O Cantor da Terra de Nemancos”, un nome que se lle daba as terras de Muxía e as que a rodean, e que hoxe en día só se utiliza para as diocesis.

Don Gonzalo, como era coñecido polo seu estatus na Vila da Barca, e a sua importancia fora dela, nado un 18 de Marzal de 1978 e finado un 23 de Xullo do 1963, ademáis do xornalismo cultivou unha extensa obra narrativa en prosa, teatro e poesia. Foi membro das Irmandades da Fala , Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega.

Unha anédota do cariño dos veciños a Don Gonzalo foi que a sua dona faleceu cando tiña lugar a Romaría da Barca, e os veciños querían anular ese día polo duelo e para asistir o velorio e ao enterro, pero él non quixo que eso pasase e que se seguira coa romaría da Nosa Señora.

 

A nai, (Muxía), cuida do seu fillo, (o pobo).

 

O día que se celebrou o “Día das Letras Galegas”, de 1971 que era a 7ª vez, foi inaugurada un monumento no Xardín da Cruz, un acto ao que se achegaron persoalidades da literatura galega, políticos, militares, e o principal, ao que acudimos tótdolos nenos das escolas que había no pobo, e as xentes do pobo, incluso a xente do mar, a pesarees de que daquela non existían máis días festivos para eles que as festas relixiosas principais e obrigatorias. Un día de festa con gaitas, lectura de poemas, e froles na sua honra. Durante toda a semana os nenos fixéramos traballos de todo tipo lembrando a figura deste ilustre galego, e para hora de todos aqueles que o coñeceron.

A miña poesía preferida de Don Gonzalo López Abente, e que tivemos que aprender na escola foi  “N´o Monte Corpiño” , e aquí vola transcribo como él a escribeu co léxico daqueles tempos:

 

 

N’O MONTE CORPIÑO”
Penedos, altos penedos
do Corpiño vixiante;
sodes, com’o meu amor,
tristes, barudos e grandes.
¡Cantas veces, cantas veces
dend’o curuto en qu’estades
sufríchedes impasibres
o furor dos temporales!
Nin os ventos qu’arrincaron
dôridas queixas aos mares,
nin as duiras medoñentas
das frecuentes tempestades,
de movervos unha vez,
penedos imperturbabres,
de movervos unha vez
foron hastr’hoxe capaces;
que sodes, altos penedos
do Corpiño vixiante;
o mesmo qu’o meu amor,
tristes, barudos e grandes.

 

FELIZ “DÍA DAS LETRAS GALEGAS”

 

-Foto e Texto : Xosé Búa : Pirata”

-Foto de Don Gonzalo : Captura libro

-Foto monumento : Ramon Caamaño